Blogues

EASTER 2019

Ao longo da semana anterior ás vacacións, o alumnado de primaria levou a cabo distintas actividades relacionadas coa celebración da Pascua (Easter) en Inglaterra e Estados Unidos:

- a nosa auxiliar de conversa explicou como o celebran no seu país

- cantamos cancións tradicionais

- fixemos diversas acitiviades LIM na pizarra dixital

- na área de plástica fixemos un poliño de pompón (Easter chick pompom)

VISITA A CLESA

VISITA AO CENTRO DE DÍA EN BOIRO

O alumnado de 1º, 2º e 3º, visitou o Centro de Día de Boiro, compartindo unha mañá agradable cos anciáns.

XOGADE NO PRAIA XARDÍN

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, este curso, participa un ano máis na actividade XOGADE, na que se xuntan con outros centros da zona e realizan actividades deportivas. Aquí tedes unha pequena mostra da visita que o noso alumnado fixo ao Praia Xardín

O NOSO HORTO (15-03-19)

O venres, 15 de marzo, volvemos ter a actividade de Mans Unidas no patio do cole, na que todo o alumnado xunto co profesorado, puido sementar e prantar no noso cachiño de horto.

O alumnado, ademais de mirar con lupas o pulgón das fabas lobas e atopar distintos animais, tanto beneficiosos como prexudicias para as nosas plantas, plantaron.

ESPAZO FAMILIAS BOIRO

IV CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Compartimos con vós o último vídeo de agradecemento recibido pola fundación Unoentrecienmil.

Grazas de novo pola vosa colaboración!

PROXECTO "SHOW YOUR LOVE" eTWINNING

Comparto con vós o video que fixen para publicar en TwinSpace, espazo onde os mestres de cada país expoñemos os nosos avances, o traballo dos nenos/as no horto nesta última etapa do proxecto:

mostrar o noso amor hacia a natureza.

Charla Espazo Familias Boiro

CEBOLIÑO 2019

Seguindo coa tradición do noso colexio, o venres, enterramos a Don Ceboliño. Os encargados de levar a don Ceboliño e de ler o seu testamento foron as nenas e nenos de sexto curso. Aquí tedes un pequeno resumo:

ENTROIDO 2019

Se queredes consultar a galería de fotos soamente tedes que premer no seguinte enlace: FOTOS ENTROIDO 2019

Despois do desfile degustamos alimentos típicos do Entroido. E para rematar este gran día, tivemos o pracer de contar co Grupo de pandereteiras “Nunca é tarde de Boiro”, que animaron a festa tocando e cantando fermosas cancións. 

ENTROIDO 2019

Despois de poñernos cada día da semana algo diferente, seguindo as comandas que nos indicaba o Ceboliño, chegou o venres.  Dacordo co Proxecto "Amosa o teu amor a" disfrazámonos de diferentes animais. Fixemos un desfile polos arredores do colexio, onde esperaban as familias:  

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. Para recordar a Rosalía de Castro, o alumnado recitou o poema Adiós ríos, adiós fontes

MATRÍCULA CURSO 2019-2020.

Informamos que o proceso de reserva de praza para o alumnado que inicia os seus estudos ou para aqueles que cambian de centro estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo

Os impresos poderanse recoller na secretaría do centro ou cubrilos online no seguinte enlace https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ e entregalos posteriormente no centro.

PRESENTAMOS LAPBOOKS

O venres, despois do recreo, cada aula presentou o seu lapbook e este foi o resultado:

Distribuir contido