Blogues

CAMPO A TRAVÉS 2019

Un curso máis, o noso alumnado, xunto co alumnado dos colexios do Concello de Boiro, puido participar no campo a través organizado polo Concello de Boiro.

Para ver as imaxes premede no seguinte enlace:

IMAXES

ESGRIMA

O mércores 22 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º, desfrutaron no colexio aprendendo e practicando esgrima. Araceli Bugallo, mestra de Educación física e campioa nacional de esgrima, foi quen impartiu a clase.

A continuación, para poder ver as imaxes,  premede no seguinte enlace:

IMAXES ESGRIMA

VISITA A COTTOLENGO E CIDADE DA CULTURA

O venres, 10 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º, foi a Santiago de compostela e visitaron o Centro social Cottolengo de acollida e atención a persoas enfermas. Despois desta visita, foron á Cidade da Cultura onde viron a exposición "Pensar coas mans. Cestería, cerámica e xoiería de Galicia"

A continuación, para ver as fotos da viaxe, premede no seguinte enlace: 

IMAXES VISITA

FONDO DE LIBROS E AXUDA MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

Informámoslles de que no DOG do luns, día 20 de maio, sae publicada a “Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020”.

PARÓN CONTRA OS INCENDIOS

Dende as ANPAs dos CEIPs e IES de Boiro, con apoio dos centros educativos, e en conxunto coas ANPAs de Barbanza, facemos un chamamento o día 22, cun parón de 1min para reivindicar e visualizar a indignación e o malestar xerado a raíz dos devastadores incendios que causaron innumerables perdas, e puxeron en risco a vida da veciñanza do rural, o pasado 30 de marzo, nos concellos de Rianxo e Dodro.

Coincidindo o 22 de maio co Día Mundial da Diversidade Biolóxica, como reivindicación contra os lumes e da promoción e a concienciación global coa diversidade do planeta.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Neste enlace deixámosvos unha pequena mostra da nosa conmemoración do Día das Letras Galegas. 

Houbo obradoiros de instrumentos musicais, de temática do autor homenaxeado, Antón Fraguas Fraguas,  de encadernado de libros e realización de pulseiras ofertado pola asociación ÁMBAR, a quen agradecemos a sús visita.

Por outra banda, tamén agradecemos a colaboración de todas as famlias aportando alimentos e a participación no folión dos que puideron asistir.

A todos: MOITAS GRAZAS por este día.

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS CURSO 2019-2020

A continuación adxuntamos a listaxe definitiva de alumnos e alumnas admitidos para o vindeiro curso 2019-2020.

HOW TO MAKE A RECIPE

O alumnado de 6º estivo aprendendo a redactar unha receita de cociña en inglés.

Algún incluso trouxo a proba da receita para degustar: muffins, homemade cake, lemon cake, walnut bread, ...

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración, estaba todo moi rico.

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril, Día do Libro, tivemos o pracer de contar coa presenza de Héctor Kajaraville, autor de Kusuma, un libro que o alumnado de 5º e 6º leu e traballou durante o sengundo trimestre. 

Ademais, Brais Moure, amenizounos o día coas súas máxicas historias e coa súa Ciclobiblioteca.

E para rematar, o alumnado de 5º e 6º leu contos ao resto dos compañeiros.

VISITA A CLESA

O noso alumnado visitou a fábrica de Clesa. Nada máis chegar, estaban esperándonos Polo Correo do Vento, que nos explicaron o funcionamento da fábrica e cos que fixemos un debuxo dunha vaca. 

 

3º, 4º, 5º e 6º visitan CLESA

NOVOS IPADS

Grazas a participación nos Contratos-Programa e a unha aportación complementaria do centro, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Abanqueiro poderá traballar con Ipads dentro das aulas. O traballo a realizar sempre estará dirixido e supervisado polo mestre que desexe utilizalos.

E xa están preparados e configurados para ser estreados esta semana polo alumnado de 6º de primaria que participará no proxecto eTwinning "Digi Lessons" e polo alumnado de 4º a través da aplicación de aprendizaxe e avaliación de linguas estranxeiras "The Language Magician", e están todos ansiosos. 

EASTER 2019

Ao longo da semana anterior ás vacacións, o alumnado de primaria levou a cabo distintas actividades relacionadas coa celebración da Pascua (Easter) en Inglaterra e Estados Unidos:

- a nosa auxiliar de conversa explicou como o celebran no seu país

- cantamos cancións tradicionais

- fixemos diversas acitiviades LIM na pizarra dixital

- na área de plástica fixemos un poliño de pompón (Easter chick pompom)

VISITA A CLESA

VISITA AO CENTRO DE DÍA EN BOIRO

O alumnado de 1º, 2º e 3º, visitou o Centro de Día de Boiro, compartindo unha mañá agradable cos anciáns.

Distribuir contido