Blogues

Alumnado PROA - RefórzaT

Lembrade que aínda que estamos en Estado de Alarma, a partir deste luns 16, están canceladas as clases en modo presencial pero SEGUEN EN MODO TELEMÁTICO.

Como xa dixemos, empregaremos o Jitsi Meet por se o máis sinxelo de uso e cun bo funcionamento. Non require altas de usuario nin ter que decer datos.

Conectarédesvos os mesmos días que íades en presencial e á mesma hora e, para facilitar o traballo a distancia, tenderemos a orientar as actividades a unha participación máis oral.

A aula de conexión será "PROAAbanqueiro", estade atentos ao Abalar por se necesitáramos modificala.

Moita súde para todos e que non vos pase nada malo.

Alumnado PROA

GALERÍA DE FOTOS DO ENTROIDO

Aquí vos deixamos un enlace á galería de fotos do entroido 2020.

GALERÍA

MATRÍCULA CURSO 2020/2021.

Informamos que o prazo de admisión para aqueles alumnos que inician a súa escolarización ou para os que cambian de centro educativo estará aberto do 1 de marzo ao 1 de abril (a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia, con certificado dixital ou Chave365).

As solicitudes pódense cubrir online no seguinte enlace admisiónalumnado ou descargalas máis abaixo e entregalas posteriormente no colexio.

eBOOK OU AUDIO-LIBRO PARA O PROXECTO eTWINNING: OUR WORLD, MY WORLD

Aquí vos amosamos o audio-libro que estivemos a gravar esta semana con nenos e nenas de 1º a 6º de primaria.

Este ebook é unha das actividades propostas no proxecto eTwinning no que participamos este curso e que compartiremos con alumnos de centros doutros países de Europa.

ENTROIDO 2020

Este ano a temática dos nosos disfraces de Entroido xirou arredor do proxecto eTwinning Our World, My World.

Deste xeito, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria disfrouse de animais, pulpos, paxaros e vacas; o alumnado de 4º do mar, o de 5º de natureza e o de 6º de aire.

O alumnado de infantil está traballando na aula o proxecto do mar, polo que esta foi a temática escollida para os máis pequenos.

Queremos agradecer a todas as familias a vosa colaboración tanto na elaboración dos disfraces coma nos doces que trouxéstedes.

Aniversarios mes de Febreiro

Onte celebramos os aniversarios do mes de Febreiro.

Os homenaxeados foron David da clase de catro anos e Alessia da clase de tres anos.

Moitos parabéns aos dous.

Aniversarios mes de Xaneiro

O último mércores do mes de Xaneiro celebramos os aniversarios de Sara, Noa Fernández e Noa Romay. Parabéns ás tres.

CHARLA PILABOT

Con motivo da participación no concurso de recollida de pilas usadas PILABOT, o alumnado de primaria asistiu hoxe no centro a unha charla sobre a reciclaxe de pilas.

MARKET COLLECTION

Unha vez rematada a unidade Collections co alumnado de 5º de primaria, trasladouse a unha situación real de aprendizaxe simulando estar nun mercado.

Mentres uns fixeron de tendeiros os outros facían de clientes e logo intercambiaron os papeis. Empregamos para isto unha réplica das libras, moeda oficial no Reino Unido.

St VALENTINE'S DAY

Con motivo da conmemoración de San Valentín, durante a pasada semana levamos a cabo algunha actividade interesante no centro:

Na área de Plástica: o alumnado de primaria decorou unhas bolsiñas de papel que logo enchemos de dulces e intercambiaron cos seus amigos.

Dende a Biblioteca: todo o alumnado que quixo participar deixou unha mensaxe de afecto a algún compañeiro do cole. O venres despois do recreo abriuse a caixa das mensaxes e repartíronse entre os nenos e nenas.

Aquí vos deixamos algunhas fotos.

Faladoiro sobre cannabis e outras drogas e adolescencia

O próximo 13 de febreiro desenvolverase o faladoiro de "adolescencia e cannabis" no marco das actividades organizadas por EspazoFamiliaS. Como sempre será de balde e con servizo de canguraxe con prazas limitadas.

Poden ver a información e reservas en:

https://espazofamilias.org/index.php/Faladoiro/cannabis/

As inscricións poden ser online ou no propio centro. 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS.

DÍA DA PAZ 2020

Aquí vos deixamos o video editado polo mestre de música e proposto e traballado nas aulas pola mestra de PT como conmemoración do Día da Paz.

Distribuir contido