Blogues |
Seguindo co noso proxecto deste primeiro trimestre, a Astronomía, onte o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria, tivo a oportunidade de adentrarse nun planetario e facer unha viaxe espacial ata a lúa. Pasamos ao ladiño de moitos planetas e aprendimos un montón de cousas sobre a noso Sistema Solar. Foi apaixonante!! |
|||
O pasado venres conmemoramos no noso centro "O Magosto". O alumnado comeu castañas no recreo, fixemos unha pequena fogata e puidemos disfrutar coas actuacións das cativas e cativos: houbo bailes, cantigas, raps, adiviñas e refráns e ata unha canción en inglés. Unha vez máis, queremos agradecer o traballo da ANPA no asado das castañas. Moitas grazas polo voso tempo!!! Déixamosvos un recopilatorio de fotos no seguinte enlace: |
|||
A seguinte actividade que fixemos foi un intercambio de postais cun colexio de Italia. Estas son as postais que nos enviaron: O alumnado de 4º e 6º de primaria respondeu a cada un dos novos amigos italianos presentándose e contando un pouquiño da súa vida. Esperamos que lles faga tanta ilusión coma a nós!! |
|||
|
|||
O alumnado de primaria comezou este curso cunha actividade en Arts que lles encanta: Ephemeral Nature Art, que consiste en recoller obxectos da natureza e facer libremente unha composición. Logo deben poñerlle título e explicar en qué consiste. Son uns grandes artistas! |
|||
Este luns visitou o noso centro Sara Barbeito, enxeñeira aeroespacial, que nos ensinou un montón de cousas sobre a vida no espazo e como chegar a ser astronauta. Moitas grazas Sara! |
|||
Este venres celebramos a carreira solidaria contra a Leucemia Infantil en favor da fundación Unoentrecienmil, onde participaron tanto alumnado e profesorado como familias. Entre todos recaudamos 622,70€ Moitas Grazas!
|
|||
SAMAÍN (Actualizado)
Coma sempre, os nosos agradecementos á ANPA Napabán pola súa colaboración valiosa e desinteresada co centro coa única finalidade de que o noso alumnado sexa un pouco máis feliz. Fantástico Samaín! No seguinte enlace podedes acceder á galería de fotos: https://photos.app.goo.gl/HpiXf7pWwZmNFLWM7 Tamén vos deixamos o enlace ao obradoiro de cabazas: https://photos.app.goo.gl/h3DPZ1dqxX2j85up8
|
|||||||
|
|||
O alumando de primaria elaborou uns murais mois terroríficos co motivo da celebración de Halloween. |
|||
O vindeiro 6 de novembro (domingo) celebrarase o Día da Bici no Concello de Boiro. A saída, se fai bo tempo, realizarase ás 11:30 dende a Praza de Galicia. O Concello pide ás súas disculpas polos defectos organizativos/informativos alleos ao mesmo Concello e lembra que é necesario unha inscrición por cada asistente; co fin de organizar anvixilancia e avituallamento. Polo que, de ir unha nena e a súa nai, debería entregarse unha inscrición pola nena (coa correspondente autorización) e unha inscrición pola nai. Axunto poden atopar un imprimible da inscrición que poden entregar no centro ou, preferiblemente, na sección de Deportes do Concello de Boiro en A Cachada.
|
|||
Ao longo desta pasada semana estivemos aprendendo e repasando vocabulario sobre Halloween a través de xogos, cancións e vídeos. Que ben o pasamos!!! |
|||
O alumnado de 4º estivo repasando o contido desta unidade 1: Physical Description cun xogo moi divertido onde tiñan que adiviñan quen era o intruso empregando para iso preguntas co verbo Have got. |
|||
Este curso contamos de novo coa colaboración da nosa auxiliar de conversa Superva Ogra que ven dende a India. O primeiro día estivemos facendo algún xogo, amosounos á súa recente viaxe á India onde asistiu á boda da súa irmá e aprendemos moito dos traxes típicos, da celebración e da comida tradicional. Rematamos a sesión facéndonos tatuaxes de henna como lle fan á noiva o día anterior da voda. |
|||
Para esta primeira tarefa do proxecto eTwinning, quixemos implicar a todo o alumnado de primaria. A actividade consistiu en facer un mural colaborativo conmemorando o Día Europeo das Linguas onde reflexaran a frase "Talk to me" nas linguas nas que falan ou están aprendendo no colexio. Este mural está exposto no taboleiro da entrada do centro e no tabolerio virtual do proxecto xunto cos traballos dos demais países europeos participantes neste proxecto. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »