TALK TO ME

Para esta primeira tarefa do proxecto eTwinning, quixemos implicar a todo o alumnado de primaria.

A actividade consistiu en facer un mural colaborativo conmemorando o Día Europeo das Linguas onde reflexaran a frase "Talk to me" nas linguas nas que falan ou están aprendendo no colexio.

Este mural está exposto no taboleiro da entrada do centro e no tabolerio virtual do proxecto xunto cos traballos dos demais países europeos participantes neste proxecto.