ACTUALIZACIÓN- O horario proposto e inviable segundo a resolución da Consellería, polo que se paraliza o proceso de solicitude de xornada única. Con data de 28 de xaneiro de 2014, o Consello Escolar vota a favro de seguir co procedemento para a solicitude de Xornada Única, tal como se recolle na Orde do 29 de maio do 2008. Este é o proxecto pedagóxico-didáctico que se presenta e que os pais/nais teñen que votar. |
|||
O vindeiro 20 de xaneiro, empezaremos co reparto de froitas nas merendas, dentro do Plan de Consumo de Froitas nas Escolas. Entre as datas do 20 de xaneiro (luns) e ata o 7 de febreiro (venres) ,ámbolos dous incluídos, o centro repartirá diferentes froitas, polo tanto pregamos que non lles manden as merendas habituais dende a casa. Queremos pedir tamén a colaboración das familias para concienciar ao alumnado na importancia do consumo de froitas nunha alimentación sá e equilibrada. |
|||
Celebramos O Festival de Nadal 2013, onde todo o alumnado dende Infantil ata Primaria reporesentou diferentes actuacións para as familias. Aquí tes algunhas imaxes. Gracias a Lola (nai de Jorge Fajardo) pola súa colaboración aportando imaxes e videos. |
|||
O prometido é debeda, así que aquí vos deixo unha sesión de "Acrosport" realizada polo alumnado de 4º de Primaria. Esta levouse a cabo dentro da unidade didáctica adicada ao equilibrio, que traballamos unhas semanas antes de rematar a primeira avaliación. MIRADE COMO SE ESFORZARON!! |
|||
Que mellor maneira de comezar esta 2ª avaliación, que co sorriso dos nenos e nenas do 3º ciclo. Esta proxección amosouse durante a actuación do alumnado de 5º e 6º no festival de Nadal deste curso. Con ela pretendíase enviar unha mensaxe positiva, nestes momentos un tanto difíciles que estamos a vivir. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!! |
|||
Aquí vos deixo unha pequena mostra do traballo realizado polo alumnado de 6º de Primaria, durante unha das sesións de "Expresión Corporal" que realizamos na clase de Educación Física. GRAZAS POLO VOSO ESFORZO!!!! |
|||
O noso centro, un ano máis vai participar no Plan de Consumo de Froita nas Escolas. Queremos concienciar ao alumnado e ás familias do importante do consumo das froitas nunha boa alimentación. É por iso que vos pedimos a vosa colaboración ao respecto. Informarásevos en todo momento das datas concretas en que o alumnado vai a recibir froita para o seu consumo no centro. Repartirase froita gratis a todo o alumnado de Infantil e Primaria durante o recreo. |
|||
O venres 20 de decembro, celebraremos o festival de Nadal no colexio, a partir das 10:30 horas. O Festival contará coas seguintes actuacións: 1. Escenificación: “ Sonrisa ”. 5º e 6º. 2. Montaxe decorado navideño: 2º primaria. 3. Canción: “Nadando sin parar”. Inf. 3 e 4 anos. 4. Teatro: ”A figueira de Pelostortos”. Inf. 4 anos. 5. Canción: “Eu son un artista”. Inf. 5 anos. 6. Teatro: “O ogro Carapao e o Nadal”. 1º primaria. 7. Canción: “Hay un amigo en mi”. 1º primaria. |
|||
O alumnado de Infantil está a traballar diferentes unidades didácticas tomando como tema central as árbores, e sobre todo as árbores do noso entorno. É importante coidar a nosa natureza e a vexetación que nos rodea, e para iso, entre outros, están os bombeiros, que interveñen cada vez que hai un lume. Na aula de 5 anos de Infantil, teñen un recuncho onde ver diferentes ferramentas e utensilios que utilizan os bombeiros no seu traballo: |
|||
Este curso recuperamos o Festival de Nadal para as familias. Xa temos ambientado o centro para esta celebración, e antes das vacacións o alumnado representará as súas actuacións para todas as familias. Algunhas imaxes: |
|||
Celebramos O Magosto. Foi unha xornada na que disfrutamos desta tradición tan nosa. Aparte dos xogos populares nos que participaron tódolos nenos e nenas, ao remate, comemos receitas con castañas feitas polas familias. Estaban todas riquísimas! Grazas a tódalas familias que colaborastes. E non puideron faltar as castañas asadas. |
|||
A semana do 28 de outubro celebramos Samaín e Halloween. O alumnado trouxo as súas cabazas decoradas ao colexio, e o 30 de outubro foi o momento de vir disfrazados para a ocasión: monstruos, meigas, e todo tipo de personaxes relacionados con Samaín e Hallowwen. |
|||
Xa podes ver as imaxes do viaxe que fixo o alumnado de Inmersión Lingüística ao campamento de Cuenta. |
|||
A través da ligazón "Galería" (parte superior dereita) poderás acceder as imaxes das actividades que estamos a realizar. |
|||
Este ano celebraremos o Magosto por todo o alto. Haberá xogos populares y diferentes actividades, e por suposto, non pode faltar a degustación de castañas asadas. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- seguinte ›
- última »