Actualidade do concello

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

Un ano máis vos convidamos a participar na carreira solidaria contra a leucemia infantil que se celbrará no noso centro o venres día 20 de outubro ás 13h.


Queremos agradecer a vosa colaboración. Grazas a todos nesta edición recaudamos 575,90€.

A vosa meta é a nosa meta!


Axuntamos xustificante de ingreso.

Actualidade do concello

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS EN FONDO LIBROS, LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Listaxe Definitiva de Admitidos en Fondo Libros, Libros de texto e material escolar 

Fondo Libros

 

Publicada a Listaxe Definitiva de Admitidos en Fondo Libros, aquisición de libros de texto e material escolar no tabolerio do centro.

Tamén poden consultala a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave365 ou Certificado Dixital.

Segundo a Orde 10 de maio do 2023 (DOG Núm. 94) as listaxes só se poden consultar no taboleiro do centro e indican os libros asignados. No caso de que lle asignaran 4 libros deberá comprobar cales ten que mercar. Aqueles que non lle fora asignado ningún libro ou que non presentara a solicitude deberán mercar a totalidade dos libros de texto.

 

Nós tamén creamos!

O alumnado de Educación Infantil volveu participar nunha producción audiovisual adaptando o conto O Cascabel e o Gato da Editorial OQO.

 

 

Festa fin de curso

Chegou o fin do curso e celebrámolo cun día de xogos e diversión. A continuación tedes o enlace para acceder ao álbum:

 

Tamén tedes a continuación un recopilatorio de todas as fotos e vídeos publicadas ao longo do curso.

Novas e actualidade de Boiro

Hai unha estrela que se chama como o noso cole.

¿Coñeces a estrela "CEIP de Abanqueiro. Boiro"?

 

 

Dende o pasado 22 de maio no ceo nocturno pódese atopar unha estrela co nome do noso centro: "CEIP de Abanqueiro. Boiro". Tamén coñecida como Beta Centauri A, está a uns 390 anos luz e atópase no sistema Beta Centauri (tamén Hadar ou Agena) e é unha estrela xigante azul e unha das máis brillantes do firmamento (porque en realidade, a parte de ser unha estrela moi brillante, vense as tres estrelas do sitema de Beta Centauri superpostas, na fotografía de arriba tedes unha mostra da superposición). Por lástima, esta estrela só é visible dende o hemisferio Sur, polo que non podemos vela dende Boiro.

É unha das estrelas clave para poder localizar a Estrela Polar no Hemisferio Sur.

Gravación do concurso PIM PAM experimenta

 

A continuación podedes ver os momentos vividos no concurso PIM PAM experimenta da TVG.

 

Ensinarte Boiro 2023

Este sábado día 20 a rúa peonil de Boiro tinguirase da arte do alumnado dos centros educativos de Boiro. Non o perdades!

Romaría das Letras Galegas do Concello de Boiro

Comezan as inscripcións dos cursos de vela

Comezan as inscipcións nos cursos de vela de fin de semana de xuño no Clube Náutico. Non perdades a oportunidade.

Sorteo do Ouro da Cruz Vermella

Como en anos anteriores colaborarmos coa Cruz Vermella na distribución, para todos aqueles que o queiran, dos boletos do Sorteo do Ouro.

Todos aqueles que queiran boletos que o notifiquen ao centro ou o indiquen na seguinte listaxe e leven os 5€.

Listaxe de Reserva

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS

 

Une crêpe, s´il vous plaît!

Bonjour!

 

A semana pasada tivo lugar no noso centro unha xornada francófona onde todo o alumnado de infantil e primaria puideron degustar auténticas "Crêpes Bretonnes" da man de Jeremy Thomas, natural da Bretaña francesa e gracias o seu “food truck” La Marinière

Ademais cunhas nocións impartidas o longo destes días, o alumnado puido participar nunha breve conversa onde utilizaron palabras en francés adaptadas o seu nivel. 

 

Deixámosvos unhas fotos e vídeos: https://photos.app.goo.gl/epM39UjQUPK2EoVAA

 

Merci, à bientôt et bon appétit!

Distribuir contido