Blogues

25N

 

Aínda que tarde compartimos por aquí as fotos da celebración do 25N en contra da violencia de xénero.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL.

Dende o Equipo de Biblioteca deixámosvos unhas recomendacións lectoras para agasallar este Nadal.

BO NADAL!

Agrupamentos de Centros Escolares (Ministerio de Educación)

 

Agrupacións de Centros Educativos.

 

O pasado 14 de novembro, publicouse a Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se conceden axudas destinadas a promover agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos comúns que favorezan a educación inclusiva, a innovación educativa e a creatividade.

 

Entre os proxectos seleccionados atópase o presentado polos centros CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (Boiro), o CEIP Marícas Picavea (Santoña) e o CRA Río Tajo-José Manuel Oviedo (Alcolea de Tajo), que actúa como coordinador.

 

O noso proxecto: "Desde nuestros colegios nos proporcionamos las herramientas para ser ciudadanos y ciudadanas del Mundo", ten como exectivo xeral compartir estratexias e instrumentos dirixidos a fomentar e fortalecer un modelo de escola inclusiva, que partindo do próximo, da nosa cultura e das nosas tradicións, adentre ao noso alumnado no mundo, apostando pola sostibilidade, fortalecendo eos cauces de participación da comunidade educativa en sentido amplo e empregando as metodoloxías pedagóxico-artísticas que proporciona o programa MUS-E (do que tamén participamos) para fomentar a creatividade e a integración.

 

Estamos convencidos  de que este proxecto de traballo conxunto, ao longo dos cursos, vainos permitir intercambiar experiencias se boas prácticas, e vai permitir ao alumnado de cada colexio convivir e compartir co nenos e nenas doutros centros; e tamén estamos seguros de que neste proxecto imos contar coa colaboración e complicidade de todos os sectores das nosas comunidades educativas.

 

THANKSGIVING

Na última semana de novembro, na área de Arts, conmemoramos o Día de Acción de Grazas, Thanksgiving, tradición americana que o noso auxiliar Sean nos explicou en que consiste e como a celebran en Florida, na súa cidade de orixe.

     

Informacións varias do Concello

Magosto 2023

 

O pasado mércores 15 de novembro celebrámolo Magosto. O tempo aguantou e grazas a colaboración das familias pasamos un día estupendo comendo castañas e xogando. A continuación as fotos da festa.

Samaín 2023

 

O pasado 31 de outubro celebramos o Samaín, aquí as fotos do día. Pasámolo xenial! Mirade que fotos!

Campaña de neve do Concello de Boiro (Concellaría de Deportes)

Dende a Concellaría de Deportes, como outros anos, ábrese o praza de inscrición na Campaña de Neve que organizan.

 

Poden descargar a ficha de inscrición axunta.

 

Actividades deste fin de semana en Boiro

Excursión á Coruña

 

O pasado 24 de outubro estivemos de visita didáctica a o MUNCYT de Coruña, o tempo deunos unrespiro e puidemos acercarnos tamén ao parque do Monte de San Pedro. 

 

Aquí están as fotos desta estupenda excursión.

HALLOWEEN

O alumnado de primaria levou a cabo diferentes activiades de plástica relacionadas con Halloween, unha delas foi un mural colaborativo coa técnica da pintura soplada.

Logo de deixalo secar, cadaquén deu forma á súa criatura fantástica.

Entre todos tamén pensaron nun título arrepiante.

Programacións Didácticas 23-24

Plan IdiTIC

Plan de Igualdade

Plan de Comunicación

Distribuir contido