Esquema de temas
Este curso desenvolve estas competencias profesionais docentes no profesorado participante neste curso:
Investigador/a e innovador/a
Educador/a e guía
Enlace ao apartado COMUNICACIÓN do SEPIE "onde se atopan estratexias e recursos que poden axudar a comunicar e difundir o proxecto de xeito efectivo".
"Os beneficiarios teñen a obriga de recoñecer publicamente o apoio da Unión Europea. O logotipo debe figurar en todos os materiais promocionais e de comunicación, webs e redes sociais das entidades beneficiarias de Erasmus+"
Módulo 00. Presentación
Benvidos/as ao curso "Profesores competentes desde la perspectiva STEM". O noso obxectivo? Conectar as clases de ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM) coa "vida real" e que sexamos quen de integrar problemas nas nosas clases e prácticas STEM. A falta de conexión entre a vida real e as clases STEM poden facer que o alumnado se desconecte do ámbito porque vexan que é demasiado "académico" ou orientado á invest
igación.
A través deste proxecto Erasmus+ (Convenio 2018-1-ES01-KA101-048069) tentaremos explorar que se está facendo en STEM noutros países (Hawaii, Bélxica, Finlandia e Italia) explorando as liñas xerais de interese e exemplos prácticos a través da observación de aulas para que poidamos compartir experiencias e boas prácticas. O fin último? Extrapolar ideas ao noso contexto galego para crear unha guía de boas prácticas e unha xestión de proxectos STEM que sexa eficiente así como crear unha batería de recursos de aula para compartir con outros centros que desexen iniciarse en STEM.
Compartir e comunicar
Comparte en Twitter co cancelo do noso proxecto #CAFI_compSTEM
Módulo 0. STEM en Hawaii
O 22 de outubro tivestes a oportunidade de coñecer o traballo de Heather O'Connell na West Hawaii Explorations Academy (WHEA), un centro que ten 20 anos de experiencia na aprendizaxe baseada en proxectos.
Neste módulo faremos primeiramente unha análise do seu modelo e logo crearemos un marco de elementos básicos que debe ter unha aprendizaxe baseada en proxectos STEM de calidade.
Módulo 1. STEM en xeral
Desde o 2001 o acrónimo STEM forma parte do noso vocabulario. Partiu de Judith A. Ramaley, ex-directora da área de recursos humanos e educación do National Science Foundation como un xeito de crear unha "meta-disciplina" que revolucionase o ensino das matemáticas e as ciencias incorporando a tecnoloxía e a enxeñería.
Neste módulo estudaremos que implica o STEM e como afecta á metodoloxía, ao pasar a centrarse na resolución de problemas, a aprendizaxe por descubrimento e as habilidades de alto orde. Examinaremos o contexto, reflexionaremos sobre a propia práctica profesional e exploraremos estratexias e recursos.
Compartir e comunicar
Informarse e aprender
Traballar e avaliar
Módulo 2. STEM en Italia
O último informe OCSE sitúa a Italia no penúltimo lugar: só o 18% dos italianos (fronte ao 37% dos outros países) se gradúa na universidade, e en disciplinas pouco ligadas ás necesidades actuáis e futuras da economía, e sobre todo cun déficit xeral no ámbito STEM. A maioría dos expertos indican como causa principal o sistema educativo, que aínda non está dirixido a estimular o interese polas materias STEM.
Compartir e comunicar
Informarse e aprender
Centro educativo no que se fará observación os días 11 e 12 de febreiro de 2019.
“STEM for Youth” è il progetto europeo che promuove un approccio innovativo allo studio delle STEM, ovvero della scienza, tecnologia, ingegneria e matematica. L’iniziativa vede coinvolti esperti e professionisti del mondo scientifico di 6 Paesi dell’Unione Europea (Polonia, Spagna, Grecia, Repubblica Ceca, Slovenia e Italia) impegnati nel trasformare lo studio delle discipline scientifiche al fine di renderlo più attrattivo.
Traballar e avaliar
Grella de observación de Italia cumprimentada
Módulo 3. STEM en Bélxica
Creado por European Schoolnet, Future Classroom Lab (FCL) é un ambiente de aprendizaxe inspirador en Bruxelas, que desafía aos visitantes a repensar o papel da pedagoxía, a tecnoloxía e o deseño nas súas aulas. A través de seis zonas de aprendizaxe, os visitantes poden explorar os elementos esenciais na aprendizaje do século XXI: habilidades e roles de estudiantes e mestres, estilos de aprendizaxe, deseño de contornas de aprendizaxe, tecnoloxía actual e emerxente, e tendencias sociais que afectan á educación.
(fonte: fcl.eun.org)
Compartir e comunicar
Informarse e aprender
Módulo 4. STEM en Finlandia
Logo da análise de resultados clave no informe PISA 2015, Finlandia sitúase como o 5º país do mundo en rendemento medio en ciencias do seu alumnado e o único país onde as rapazas teñen máis probabilidades de acadar un nivel excelente que os rapaces. (fonte: PISA 2015. Resultados clave)
Compartir e comunicar
Informarse e aprender
Traballar e avaliar
Módulo 5. STEM en Irlanda
Módulo 6. Boas prácticas STEM
Como ben sabedes, un dos obxectivos principais establecidos neste proxecto é crear, coas achegas de todos os participantes, un pequeno repositorio de prácticas educativas STEM. O proxecto establecía a creación de catro prácticas por cada participante. O repositorio debe cubrir con todas elas os catro cursos da ESO.
Unha das particularidades que os proxectos STEM adoitan ter é o seu carácter transversal ao longo de diferentes cursos ou niveis. É por iso que seguramente moitas das practicas que presentedes, ou pequenas variacións das mesmas, terán validez para diferentes cursos.
Para facilitar o traballo compártense neste módulo varios modelos que poden servir para guiar o deseño das prácticas. Todos eles son orientativos e de apoio, de modo que non é obrigado o seu uso, pero si recollen dun xeito bastante completo os elementos que debería ter calquera deseño.
Ademais destes modelos, o módulo conta tamén cun foro de coordinación entre participantes para que poidades intercambiar ideas e informacións, así como coordinar o desenvolvemento equilibrado en temáticas e niveis das diferentes prácticas.
Unha vez deseñadas, as prácticas deberedes subilas no cartafol Prácticas STEM e indicar mediante un pequeno texto no campo que habilita a tarefa Prácticas educativas STEM unha relación dos títulos das mesmas.
Informarse e aprender
Traballar e avaliar
"Profesores competentes dende a perspectiva STEM"
por Diana Pastoriza e María José Suárezpublícase baixo unha licenza
Creative Commons Recoñecemento-NonComercial-CompartirIgual 4.0 InternacionalQuedan fóra desta licenza os textos, imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.
Créditos de propiedadeÚsanse imaxes e recursos publicados no Dominio público ou con licenza CC BY ou CC BY-SA propios e/ou alleos, tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan ---acolléndose ao "Dereito de cita" [1] --- imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas web, indicando a súa licenza ao pé dos propios recursos ou na páxina coa atribución da propiedade intelectual dos ODE empregados [2], dereitos reservados que manteñen integramente. Se detecta algunha imaxe, recurso... con dereitos reservados non atribuído correctamente, agradecemos nos informe para retiralo ou corrixilo.
Zona de coordinación e mantemento
Este bloque ou tema debe permanecer oculto aos participantes.
Acceden unicamente o coordinador ou coordinadora e as titoras / titores
Materiais de apoio