Actividades STEM

Unha vez realizada unha primeira aproximación á nosa definición de STEM e aos piares básicos do seu tratamento por parte do profesorado é momento de comezar a deseñar a guía de boas prácticas para este ámbito de traballo.

Nesta actividade pretendemos simplemente afianzar esas ideas que tivestes que manexar na actividade previa e empregalas para establecer un criterio persoal, que posteriormente tentaremos consensuar entre todas e todos, do que entendemos por actividades ou proxectos STEM. Isto non ten nada que ver coa calidade das propostas pedagóxicas, actividades, proxectos etc. senón co tratamento integrado das materias e temáticas propias deste ámbito.

Debes achegar neste espazo a ligazón dunha actividade ou proxecto que si consideres propio do ámbito STEM e outra dunha actividade ou proxecto que a pesar de pertencer a algunha das materias que aparecen ligadas ao termo STEM non cumpran co voso criterio para ser cualificadas como tal.

Acompaña cada ligazón dunha breve explicación da túa elección e que nos servirá posteriormente para contribuír ao debate e traballo na guía de boas prácticas.