Saltar navegación

Netiqueta nos cursos virtuais

A comunicación nun curso virtual realízase inevitablemente por medios electrónicos e empregando as canles de comunicación dispoñibles: foros, correo electrónico, redes sociais, mensaxería, chats... Evidentemente nun curso virtual convén respectar as normas de netiqueta comunmente aceptadas polos internautas, e se consideramos o noso papel de educadores estaremos obrigados a ensinar co exemplo.

A Netiqueta [1] (contracción do inglés network e do francés étiquette, etiqueta da rede) non é máis que una adaptación das regras de etiqueta do mundo real ás tecnoloxías e ao ambiente virtual. Da mesma maneira que existe un protocolo para os encontros físicos con persoas, a así chamada Netiqueta describe un protocolo que se debe utilizar ao facer "contacto" electrónico. Comprende todas as formas de interacción directa e indirecta dun usuario con outro nas redes sociais, no correo electrónico, nos foros, nos blogs, nos chat...

Mediateca e referencias webgráficas

 


[1] Colaboradores de Galipedia, "Netiqueta,"Galipedia, a Wikipedia en galego,http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Netiqueta&oldid=2924198 (consultado o 29 de novembro de 2013).

Licenza Creative Commons
Netiqueta nos cursos virtuais, de Gloria Rivas e Agustín Carracedo
ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional
Vostede é libre de:
  • Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
  • Adaptar — remesturar, transformar, recrear e crear obras derivadas sobre o material

...mesmo con finalidade comercial, baixo as condicións seguintes:

  • AtribuciónDebe dar o recoñecemento apropiado, fornecer un vínculo á licenza e indicar se se fixeron cambios. Pode facelo de calquera maneira razoábel pero non de maneira que poida suxerir que o licenciante o apoia a vostede ou o seu uso. Por exemplo:

(Obra derivada de) Netiqueta nos cursos virtuais, de Gloria Rivas e Agustín Carracedo CC BY-SA 4.0

  • Compartir Igual — Se vostede remestura, transforma ou recrea sobre o material, debe distribuír as súas colaboracións coa mesma licenza cá orixinal.