Que é STEM?

Problems

Parece que hoxe en día, miremos onde miremos, dende os programas máis formais das diferentes administracións educativas ata o catálogo dos xoguetes da campaña de nadal de calquera centro comercial, o termo STEM aparece inevitablemente. Máis aló do acrónimo de Science, Technology, Engineering and Mathematics, o STEM no ensino ten unha consideración con máis compoñentes que as simples metodoloxías ou actividades propias de cada unha destas materias ou ámbitos por separado.

Nesta actividade pedímosvos que reflexionedes sobre que é STEM para vós. Se botades un ollo á literatura sobre o tema veredes que non hai un criterio moi claro ou en moitas ocasións partimos do sobreentendemento implícito do significado de STEM.

 

Esta debería ser a vosa primeira entrada no blog que vides de crear para o proxecto: Que é STEM para min.

 

Unha vez a teñades creada ligádea aquí para dar por pechada esta tarefa.