Portafolios persoal para o proxecto.

Diario

Ao longo deste curso teremos que reflexionar sobre distintos aspectos do ensino ligado ao ámbito STEM. Precisaredes recoller estas reflexións para achegalas nas distintas tarefas do curso pero tamén para facer partícipes aos restantes membros da comunidade educativa do camiño recorrido ao longo desta aventura que estamos comezando. O blog pode ser unha ferramenta moi útil e potente para estes dous aspectos así como para dar resposta a un elemento fundamental dentro dos programas europeos, a difusión do traballo realizado.

Trátase pois de que abrades un blog na plataforma que prefirades para que sexa o voso portafolios persoal dentro do proxecto.

No blog que creedes debe figurar o nome deste proxecto ERASMUS+: Profesores competentes desde la perspectiva STEM, así como os logos de ERASMUS+ e o propio proxecto que tedes á vosa disposición no cartafol de Materiais de apoio do curso.

Cando o teñades creado só tedes que achegar aquí a ligazón ao mesmo.