STEM no meu centro

Como puidestes comprobar coa lectura deste proxecto imos facer un percorrido polo tratamento que se está a facer do STEM en distintos países de Europa. Pero antes de saír ao exterior o seu é comezar polo que se está a facer preto de nós, e que mellor que comezar pola experiencia no noso propio centro.

Trátase de que abrades un fío no foro: STEM no meu centro comentando o que estades a facer no voso centro en relación a esta temática. Non se trata de cuantificar ou valorar as iniciativas que se están a desenvolver, ou o feito mesmo de que as haxa ou non; trátase simplemente de deixar constancia e dar a coñecer de momento aos compañeiros e compañeiras deste curso daquelas experiencias que consideredes oportuno compartir.