Gallego

Convocatoria

O CAFI e os CFR da Comunidade Autónoma Galega, consecuentemente coas liñas básicas de formación do profesorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, poñen en marcha, para o vindeiro curso académico 2022/23 diferentes sistemas de apoio ao perfeccionamento, entre os que se inclúe a convocatoria de grupos de traballo (GT) e seminarios dirixidos ao profesorado en activo de todos os niveis educativos, excepto o universitario, que imparta ensinanzas en centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Os grupos de traballo e seminarios desenvolveranse conforme ás seguintes bases:

O profesorado interesado deberá facer a súa preinscrición a través da aplicación informática FProfe, na pestana de “Convocatorias”, ata o 26 de setembro de 2022 inclusive. 

Non será tida en conta outro tipo de preinscrición.

 olicitude de participación e proxecto da actividade

A persoa coordinadora do grupo de traballo ou seminario fará a solicitude de participación e o proxecto a través de FProfe:

  • Solicitude: a solicitude xerada dende a aplicación entregara- se en rexistro no CAFI ou CFR, en papel, debidamente selada e asinada.

  • Proxecto: elaborarase un proxecto en fprofe seguindo o modelo da aplicación.

    O prazo de presentación de solicitudes remata o día 14 de outubro de 2022.

Gallego

Peso: 

3

Convocatoria

O prazo de solicitude e entrega do proxecto rematou o día 31 de outubro.

Neste enlace podes consultar a convocatoria para os proxectos de formación en centros ABALAR (2013/14).

Solicitude de participación en Proxectos de formación en centros (ABALAR)

 

Gallego

Peso: 

4

Proxecto Abalar

abalar

As accións formativas dirixidas aos centros da Rede Abalar son as seguintes:

Centros que xa pertencen á Rede Abalar en cursos anteriores

Estes centros poderán acollerse ás actividades formativas que se ofertan con carácter voluntario, e que están dirixidas a continuar coa formación iniciada nos centros durante os cursos pasados. Realízase unha oferta específica de Proxectos de Formación en Centros e Grupos de Traballo Abalar.

As actividades específicas de formación en centros que se ofertan lístanse a continuación

Centros que se incorporaron á Rede Abalar nos cursos 2010/2011 e 2011/2012

Xunto con esta oferta de formación en centros, o profesorado e as persoas que realicen as funcións de coordinación Abalar terán preferencia na admisión nos cursos que se oferten especificamente para o proxecto Abalar no CAFI e os CFR. Case todos estes cursos teñen no título as palabras “Edición Abalar”.

 

Características xerais

Imaxe procedente do espazoAbalar

  • Estarán coordinados polo coordinador Abalar do centro.
  • Deben participar a lo menos os dous terzos do profesorado que imparta docencia ao alumnado das aulas Abalar.
  • Opcionalmente, pode participar o resto do profesorado do centro.
  • Poden dedicarse a docencia, que pode ser impartida por profesorado do centro, un máximo do 40% das horas totais.
  • Durará un mínimo de 30 horas e un máximo de 50.
  • O 25% do total das horas poderán computarse como tempo de traballo individual e a asignación do mesmo deberá constar nas actas das sesións de desenvolvemento.
  • O orzamento non pode pasar dos 1000 euros
Gallego

Peso: 

3

POLÍTICA DE CALIDADE

rede de formación permanente do profesorado definiu a calidade como parte fundamental da súa política e da súa estratexia, e adoptou un sistema de xestión baseado na calidade como modelo de referencia para a xestión da Institución. Este sistema de aseguranza da calidade está baseado na Norma UNE-EN ISO 9001:2015.

Máis en concreto, dende a súa creación adoptou a calidade como unha filosofía de actuación que se identifica coas seguintes directrices:

  • O traballo ben feito e a mellora continua das nosas actividades, dos servizos que prestamos e dos procesos de traballo.

  • A achega de valor ao profesorado, ao persoal do centro, ás escolas de nais e pais escoitando a súa voz e procurando satisfacer as súas expectativas.

  • A adopción de metodoloxías de traballo baseadas na cultura da evidencia, a xestión a partir de datos e a disciplina do traballo en equipo.

  • A xestión dos procesos orientada á mellora continua mediante a planificación, o desenvolvemento e a revisión e mellora destes.

  • A mellora dos resultados definindo os indicadores e obxectivos, e avaliando o seu nivel de logro.

  • Requisitos implícitos, explícitos, do usuario, regulamentarios e os propios da nosa organización.

     

Estas directrices despréganse a través dos seguintes procesos e proxectos:

  • Mantemento dun sistema da calidade segundo UNE-EN ISO 9001:2015.

  • Medición e análise periódica da satisfacción de servizos polos usuarios.

  • Revisión do sistema da calidade e actualización periódica de procesos.

  • Auditorías internas e externas do sistema da calidade.

     

Así mesmo, despréganse nos Obxectivos de Calidade a través da formulación e o seu cumprimento. Os obxectivos da rede de formación permanente serán computables e medibles a través de indicadores; todos eles constitúen os obxectivos da calidade. O grao de cumprimento será avaliado periodicamente.

O compromiso coa calidade afecta a toda a organización. Todas as persoas da rede de formación aceptan este compromiso e a súa responsabilidade no cumprimento dos requisitos establecidos no Sistema de Xestión da Calidade, así como o de participar activamente na mellora da calidade e da xestión, e no logro dos obxectivos institucionais.

 

POLÍTICA PEDAGÓXICA

rede de formación ten en conta as seguintes directrices:

  • Detectar e recoller as necesidades de formación nos centros do seu ámbito de actuación, e propoñer iniciativas e accións formativas que satisfagan esas necesidades ou demandas.

  • Coordinar e xestionar as actividades formativas que integran os plans anuais de formación do profesorado aprobados pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e conseguir un alto grao de satisfacción por parte do alumnado.

  • Promover accións formativas nos centros, encamiñadas a impulsar a investigación educativa, preferentemente no campo da innovación e experimentación didácticas.

  • Facilitarlles un servizo de documentación, elaboración e difusión de material didáctico e pedagóxico ao profesorado e aos centros de ensino do seu ámbito territorial.

  • Realizar actividades de intercambio, debate e difusión de experiencias educativas entre o profesorado.

  • Impulsar e apoiar a participación do profesorado en seminarios, grupos de traballo e proxectos de formación en centros ou calquera outra modalidade de formación.

  • Contribuír á dinamización social e cultural das zonas educativas de especial dificultade do seu ámbito de influencia.

  • Favorecer o coñecemento e utilización efectiva de materiais e recursos técnicos.

  • Dar soporte ás Escolas de Nais e Pais.

  • Calquera outra que a Administración educativa lle encomende en relación cos obxectivos propios do centro.

  • Asegurar a profesionalidade e compromiso das persoas da rede de formación, proporcionándolles o clima adecuado, os recursos precisos e a formación necesaria.

  • Desenvolver unha relación baseada no beneficio mutuo co profesorado, para proporcionar un servizo eficaz e eficiente.

  • Conseguir o máis alto nivel de desempeño en todos os procesos e especialmente naqueles que teñen relación directa coa satisfacción dos grupos de interese.

  • Asegurar o comportamento ético nas relacións con todos os grupos de interese, así como no cumprimento dos requisitos legais e regulamentarios aplicables.

Esta Política de Calidade é o marco de referencia que se utiliza para a fixación e o seguimento dos obxectivos anuais.

Gallego