Gallego

Convocado o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2019 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2018/2019

Convocado o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2019 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2018/2019
Gallego

Resolución do 9 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Proxecta de Innovación Educativa 2019 para os centros docentes públicos admitidos no Plan Proxecta durante o curso escolar 2018/19.

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 10 ao 31 de maio de 2019.
  • Amplíase o prazo de participación na convocatoria do Premio Proxecta de Innovación Educativa 2019 ata o luns 10 de xuño.

 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020
Gallego

Resolución do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/20.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no

Pódense ver as mostras dos contidos dixitais (libros, recursos didácticos, materiais complementarios...) na seguinte ligazón:

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2018/2019

Gallego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso académico 2018/2019.

Ao abeiro desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos, que terán a consideración de excelentes; cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros.

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos 5 proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante.

  • O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 15 de febreiro de 2019.​

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva da convocatoria para participar no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante o curso 2018/2019

Resolución definitiva da convocatoria para participar no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante o curso 2018/2019
Gallego

Resolución definitiva do 19 de Decembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se publica a listaxe de centros seleccionados para participar no programa de innovación educativa “OBSERVA_ACCIÓN” durante o curso 2018-2019.

 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional da convocatoria a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante o curso 2018/2019

Resolución provisional da convocatoria a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante o curso 2018/2019
Gallego

Resolución provisional da convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante 2018/2019, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional.

  • Prazo de tres días hábiles a partir do día seguinte ao desta publicación para formular reclamacións ou alegacións

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva dos premios de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D"

Resolución definitiva dos premios de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D"
Gallego

Achégase a Resolución definitiva do 19 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Educacción, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve o premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D" para centros docentes públicos de ensino non universitario da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante 2018/2019, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional

Convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante 2018/2019, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional
Gallego

Xúntase a Resolución de 31 de Outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante o curso escolar 2018/19, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional.

  • O prazo de presentación de solicitudes e da documentación será de 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente resolución no portal educativo.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional de centros admitidos no programa "Espazos Maker" para centros docentes públicos durante o curso 2018/2019

Gallego

Achégase a resolución provisional dos centros docentes admitidos no programa "Espazos Maker" durante o curso 2018/19.

  • Ábrese un prazo de 5 hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, pode adiantar as posibles reclamacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo espazostem@edu.xunta.es, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.

 

Sección: 

Resolución provisional de centros docentes admitidos para participar no programa "Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2018/2019

Gallego

Achégase a resolución provisional de centros docentes admitidos no programa "Introdución á robótica educativa en primaria".

  • Ábrese un prazo de de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución neste portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, pode adiantar as posibles reclamacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo roboticaprimaria@edu.xunta.es, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.

Sección: 

Resolución provisional da convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos

Resolución provisional da convocatoria de premio de innovación educativa “Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D” para centros públicos
Gallego

Resolución provisional do 3 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educacción, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve o premio de innovación educativa "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D" para centros docentes públicos de ensino non universitario da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

  • Ábrese un prazo de 5 hábiles para realizar reclamacións ou renuncias

Colectivo: 

Sección: