Preguntas frecuentes

ProxectaActualizado para o curso escolar 2017/18.

 

1. Que centros poden participar?

  • A convocatoria está dirixida a centros públicos e concertados. Cada programa decide que tipo de centros prioriza.
  • Cada programa establece ata cantos centros admite, seguindo os seus criterios de selección.

2. Cantos programas se poden solicitar?

  • Os que o centro decida ata un máximo de 10.

3. Cando remata o prazo para formalizar a solicitude?

  • O prazo remata o día 16 de outubro de 2017 (incluído).

4. Como se formaliza a solicitude? Quen debe facelo?

  • Todo o procedemento de solicitude debe realizarse a través da aplicación informática do Plan Proxecta (véxase o artigo 8 da convocatoria). Non haberá que presentar a solicitude en papel a través do Rexistro Xeral.
  • A solicitude debe abrila, o/a director/a do centro. Unha vez aberta, debe introducir o DNI da persoa que vaia coordinar o proxecto. A partir de aquí a solicitude estará en estado de "edición".
  • A persoa que coordine o proxecto, unha vez indicado quen é na aplicación, debe cubrir os contidos do que o centro quere desenvolver.
  • Unha vez rematada a descrición do proxecto que se pretende desenvolver, o/a director/a do centro debe pechar a solicitude.
  • Unha vez rematados todos estes pasos, a solicitude estará en estado de "trámite".
  • A presentación da solicitude supón o compromiso do centro e do profesorado implicado no desenvolvemento do/s programa/s en que se inscriba.

5. Que quere dicir que a solicitude está en estado de...?

  • Edición: a solicitude está en proceso de elaboración, ou sexa, o centro aínda non rematou de cubrila. É a dirección do centro quen debe pechar a solicitude .

                                                                               

  • Trámite: o proxecto está rematado, pechado e enviado. Neste caso, figurará a data de peche para comprobar que se fixo dentro do prazo.

                                                                                

  • Anulada: a solicitude foi invalidada por algún tipo de incidencia ou por renuncia antes do inicio do proceso de selección.
  • Validada: a solicitude está revisada polos responsables do programa e considerada en regra.
  • Rexeitada: a solicitude foi rexeitada polas persoas responsables do programa por non axustarse aos obxectivos que promove o programa.
  • Admitida: a solicitude cumpre os criterios do programa e é admitida dentro da cota de centros establecida polo programa.
  • Non admitida: a solicitude está en regra, pero non cumpre os criterios de programa ou non entra dentro da cota de proxectos admitidos, polo tanto é desbotada.
  • Renuncia: a solicitude é desbotada polo propio centro.

Estes cambios de estado comunícanse ao centro automaticamente a través dun correo electrónico emitido desde a aplicación informática.

O percorrido habitual dunha solicitude sería este: Edición > Trámite > Validada > Admitido

6. Onde se publicará a información relativa a esta resolución?

7. Que duración ten a participación no Plan Proxecta?

  • O curso escolar para o que se convoca, isto é, 2017/18.
  • Por outra banda, cada programa establece un calendario de actividade fixado (anual ou semestral).

8. Ten algún tipo de recoñecemento a participación do profesorado participante no Plan Proxecta?

  • Si, certificarase como actividade de innovación educativa, cunha equivalencia en número de horas de formación que dependerá da actividade de curso completo ou medio curso do programa en que se inscriba e conforme á normativa en vigor en materia de recoñecemento das actividades de innovación educativa do profesorado (Orde de 14 de maio de 2013).
  • Durante o curso 2017/18 a equivalencia en número de hora de formación será a seguinte:
    • proxectos que se realicen só medio curso (Consumópolis, Clases sen fume):
      • coordinación: 15 horas
      • participación: 12 horas
    • proxectos que se realicen durante todo o curso (todos os demais programas):
      • coordinación: 30 horas
      • participación: 20 horas

9. Pode participar todo o profesorado?

  • A participación está restrinxida a profesorado con destino no centro durante o curso completo.
  • Nos centros públicos, o profesorado substituto que non participe no proxecto durante todo o curso non recibirá certificación.

10. En cantos programas pode participar o profesorado? Cantos proxectos se poden coordinar?

  • Recoméndase que os docentes participen só no número de programas que a intensidade de traballo do centro recomende como axeitado.
  • Só se recibirá unha certificación por curso académico, independentemente do número de programas nos que se participe.

11. Que sucede se un docente se dá de baixa do programa?

  • Se un docente deixa de participar no desenvolvemento do programa, na memoria final deixarase en branco o cadro que acredita a súa participación.
  • Se o docente que se dá de baixa é a persoa que coordina o programa, cómpre substituíla canto antes tanto no traballo efectivo coma na aplicación informática para que se poidan realizar debidamente os labores de coordinación.
  • Se o programa chega ao final do curso só cun docente participante deixaranse de cumprir as bases da convocatoria.

12. Que sucede se un docente se quere incorporar ao desenvolvemento dun programa?

  • Ata decembro pódense incorporar docentes que non estivesen incluídos na solicitude. Cómpre comunicalo canto antes á Asesoría de Innovación Educativa para que os dean de alta na aplicación. A partir de decembro non se poderá facer ningunha outra incorporación.

13. Que obrigas teñen os docentes participantes no desenvolvemento dun programa?

  • En canto á persoa que exerza o labor de coordinador/a,
    • establecer as liñas estratéxicas do programa na solicitude do proxecto
    • propoñer accións
    • coordinar as accións
    • realizar a memoria final
  • En canto aos outros docentes participantes,
    • desenvolver as accións propostas

14. Cal é a razón de ser dos proxectos desenvolvidos ao abeiro do Plan Proxecta?

  • o traballo interdisciplinario entre o profesorado participante, que colaborará desde a súa área ou departamento
  • o traballo activo do alumnado, que será o verdadeiro protagonista da execución dos proxectos
  • a visibilización do traballo, que será exposto a través das canles de comunicación habituais (blog, web, prensa...)
  • a integración dos proxectos de traballo na práctica de aula
  • a integración da aprendizaxe no medio en que vive o alumnado

15. Que debe incluír a memoria final?

  • as tarefas realizadas por cada docente, de xeito pormenorizado
  • as accións deseñadas e desenvolvidas no centro
  • as accións executadas por proposta dos responsables do programa (saídas, visitas, uso de material didáctico recomendado...)
  • o grao de cumprimento dos obxectivos propostos
  • o nivel de participación do alumnado e das familias no desenvolvemento das actividades
  • os produtos elaborados polo alumnado
  • as ligazóns aos contidos que visibilizan as actividades realizadas polo centro

16. Cales son as razóns polas que se pode suspender a memoria final?

  • que non sea debida conta das tarefas realizadas por cada docente
  • que non se cumpran os niveis de participación mínimos esixidos polas bases da convocatoria
  • que non se expliquen as accións realizadas
  • que non se participe das accións promovidas polo programa
  • que non se indique o grao de cumprimento dos obxectivos propostos
  • que non se indique o nivel de participación do alumnado e das familias no desenvolvemento das actividades
  • que non se identifiquen e amosen os produtos elaborados polo alumnado
  • que non haxa evidencias do traballo realizado, ou sexa, que non se indiquen as ligazóns aos contidos que visibilizan as actividades realizadas polo centro

As memorias valóranse de 1 a 5. O suspenso da memoria (por baixo dun 2.5) implica a non certificación do traballo desenvolvido polos docentes participantes.