Que estudar?

Ensinanzas básicas iniciais, niveis I e II


As ensinanzas básicas iniciais (EBI) organízanse en dous niveis, I e II, o primeiro dirixido a adquirir as habilidades instrumentais básicas da lecto-escritura, o razonamento matemático e o cálculo, e o segundo á consolidación desas habilidades e á preparación para o acceso aos estudos de educación secundaria para persoas adultas (ESA), para seguir con garantía de éxito cursos de cualificación profesional ou para potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política e económica.

Matrícula

O período de matrícula está aberto durante todo o curso.

Máis información (nivel I, nivel II)

 

Educación Secundaria para persoas adultas


Destinatarios

  • Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.
  • Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar estes estudos polo réxime ordinario.

Matrícula

  • Modalidade presencial:
    • 1 –8 de setembro de 2023 para o primeiro cuadrimestre.
    • 9 –19 de xaneiro de 2024 para o segundo cuadrimestre.
  • Modalidade a distancia:
    • 1 setembro de 2022 – 12 xaneiro de 2024 para o primeiro cuadrimestre.
    • 1 febreiro -- 26 de abril de 2024 para o segundo cuadrimestre

Máis información

 

Bacharelato para persoas adultas


Destinatarios

  • Estas ensinanzas están dirixidas, como norma xeral, a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso (título de ESO ou equivalente). 
  • Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos de bacharelato polo réxime ordinario.

Matrícula

  • Prazo de matrícula entre o 1 e o 20 de setembro de 2023.  
  • O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no mes de febreiro poderá realizar a matrícula do 15 ao 28 dese mesmo mes.
  • No bacharelato a distancia, a dirección do centro poderá autorizar ata o 26 de abril de 2024 a matrícula fóra de prazo en determinadas circunstancias.

Máis información

     

    Ciclos formativos para persoas adultas


    A formación profesional no sistema educativo comprende un conxunto de ciclos formativos, tanto de grao medio como de grao superior, cunha organización en módulos e con contidos teórico-practicos que teñen como finalidade a adquisición das competencias necesarias para unha inserción laboral satisfactoria e o desempeño de diversas profesións.

    Toda a información relativa a esta oferta polo réxime de persoas adultas, á rede de centros, aos períodos de matrículación, á documentación necesaria, ás saídas académicas e profesionais, etc. pode atopala nesta ligazón.

     

    Outras ensinanzas 


    A oferta de ensinanzas non regradas dos centros que imparten ensinanzas para persoas adultas abrangue aprendizaxe de idiomas, cursos preparatorios para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio ou superior,  formación para o mundo laboral e actividades de carácter socio-cultural. Pode consultar a oferta concreta na páxina web de cada un dos centros.

     

    Máis información (PDF)