G2001028 Debuxo técnico con LibreCAD

O curso “Debuxo técnico con libreCAD” vai dirixido principalmente a profesorado de ensino secundario, formación profesional e artes plásticas e deseño que utilice o debuxo técnico na súa práctica docente, como contido principal ou parcial das materias impartidas.Emprega un programa de software open source como é o LibreCAD, adecuado para o seu uso nos centros educativos. O curso desenvólvese de forma non presencial a través da plataforma Moodle.
Mar, 06/10/2020 - 10:45
Curso Libre CAD
Curso Libre CAD

Os contidos do curso están divididos en 7 módulos:

Módulo 0: Presentación e actividades iniciais. Faremos a presentación á comunidade de aprendizaxe e familiarizaremonos co espazo da aula virtual, consultando a información xeral sobre cursos Platega.

Módulo 1: Software. Instalaremos o programa LibreCAD no ordenador e familiarizarémonos coa súa interfaz. Analizaremos a utilidade do debuxo por ordenador na práctica profesional.

Módulo 2 Ferramentas de debuxo. Aprenderemos a utilizar as principais ferramentas de debuxo de LibreCAD.

Módulo 3: Ferramentas de modificación. Aprenderemos a utilizar as ferramentas de modificación de obxectos, e a aplicalas na elaboración de debuxos, así como na elaboración de deseños propios.

Módulo 4: Xestión de capas e bloques. Realizaremos debuxos complexos, organizados en capas. Aprenderemos definir e xestionar bloques e aplicaremos sombreados ao debuxo. Crearemos un glosario de ferramentas e unha base de datos cos deseños do módulo 3.

Módulo 5: Cotas, textos e trazado. Aprenderemos a realizar a cotación dun debuxo, introducir textos e configurar os parámetros de impresión.

Módulo 6: Proxecto final. Utilizaremos os coñecementos adquiridos para a elaboración dunha proposta de exercicio de CAD para realizar co alumnado. Crearemos unha base de datos cos exercicios.

Os seus obxectivos son familiarizarse coa aprendizaxe do debuxo técnico asistido por ordenador (CAD) para a súa aplicación na docencia e a realización de exercicios destinados ao alumnado