C1901154 Primeiros experimentos de ciencia para infantil e primaria

Curso impartido por Patricia Barciela e José Viñas.
Mar, 03/03/2020 - 13:26
C1901154 Primeiros experimentos de ciencia para infantil e primaria
C1901154 Primeiros experimentos de ciencia para infantil e primaria

Referencia: C1901154

Centro de formación e recursos: CFR A Coruña

Temporalización: 

15 e 16 de abril de 16:30 a 20:00

29 e 30 de 16 de abril de 16:30 a 20:00

20 e 21 de maio de 16:30 a 20:00

Data límite de inscrición: 23/03/2020

Lugar: CFR da Coruña - Aula Audiovisuais - 4º Andar

Prazas:  24

Horas totais: 25, das cales 4 son non presenciais. Haberá que realizar unha proposta de aula e presentala na última sesión.

Destinatarios: Educación infantil e Educación primaria.

Criterios de selección:

1.- Os criterios do plan anual de formación.

Obxectivos:

1. A adquisición de coñecementos e habilidades para aplicar o método indagativo na aula.

2. Ofrecer aos alumnos a oportunidade de explorar o mundo dende o punto de vista científico, aprendendo a facerse preguntas e a investigar a súa contorna.

3. Crear unha rede de profesores interesados en métodos activos de ensino das ciencias.

Contidos:

1.Ferramentas do explorador científico.

2.Exploramos cos nosos sentidos: ollos, orellas, nariz, lingua, mans e máis.

3.Exploramos a nosa contorna: a ciencia na cociña, o cuarto de baño, o xardín, o patio do colexio, e máis.

4.Exploremos fenómenos sorprendentes: luz, cor, ilusións ópticas, sonido, magnetismo e máis.

5.Exploramos a tecnoloxía-Robots garabateadores: aprender a construir uns artiluxios a motor que se moverán das formas máis sorprendentes e debuxarán os garabatos máis inesperados.

6.Exploremos o que aprendimos: proxecto final.

Asesor:

Óscar Domínguez Pérez (cfr.coruna.cientifico-tecnoloxico@edu.xunta.gal)