G1601092 Webs dinámicas: Moodle (Aproveitamento didáctico)

Aproveita as posibilidades didácticas que ten a Aula virtual do teu centro e aprende a usar os principais recursos e actividades que se poden crear en Moodle.
Inscríbete en Fprofe antes do 4 de outubro!
Lun, 26/09/2016 - 10:55
Moodle. Aproveitamento didáctico
Moodle. Aproveitamento didáctico

A través deste curso na Rede aprenderás a aproveitar as posibilidades didácticas que ten a Aula virtual do teu centro e aprenderás a usar os principais recursos e actividades que se poden crear en Moodle.

INSCRICIÓN: www.edu.xunta.gal/fprofe  (Referencia: G1601092)
 

Obxectivos

1.Adquirir a competencia necesaria para a utilización da aplicación Moodle do proxecto Webs Dinámicas da Consellería de Educación.
2.Coñecer as principais características de Moodle como software para a creación de cursos na Rede e xestionalo como profesor-titor.
3.Coñecer e utilizar adecuadamente os principais recursos e actividades que se poden crear en Moodle, distinguindo cales son as máis adecuadas para cada situación de aprendizaxe.

 

Contidos

1.O proxecto webs dinámicas: Moodle.
2.Interface de Moodle. Creación e configuración inicial dun curso.
3.Xestión de cursos e matriculación de usuarios.
4.Deseño de cursos na aula virtual.
5.Creación de recursos na aula virtual (etiquetas, páxinas web, ligazóns, libro...).
6.As actividades na aula virtual (tarefas, escollas, cuestionarios, enquisa, wiki, foros...).
7.Avaliación e informes.

 

Temporalización:

O curso dará comezo o 24 de outubro e finalizará o 30 de novembro de 2016.

 

Horas do curso:

30 h. na Rede