G1501031 A convivencia como factor de calidade nos centros educativos

Proximamente iniciarase un curso na Rede sobre a mellora da convivencia nos centros educativos, que ten por obxecto facilitarlle ao profesorado os coñecementos que lle faciliten intervir nas dinámicas dos centros de cara a favorecer un clima social máis positivo.
Ven, 02/10/2015 - 13:07
convivencia
convivencia

Os obxectivo do curso son:
- Valorar a convivencia e o clima escolar positivo como factores de calidade nos centros educativos.
- Identificar as diferentes causas que orixinan a violencia escolar e analizar os factores básicos para a prevención de conflitos e problemas de convivencia nos centros educativos.
- Coñecer e aplicar técnicas de modificación de conduta e de resolución pacífica de conflitos no ambiente escolar.

Data de comezo: 12/10/2015

Data de finalización: 13/12/2015

Número de horas: 40

Enlace a fprofe:https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=66792