Xornadas: L1402019 - Resposta educativa para o alumnado con TDAH

Xornadas en colaboración coa asociación Bule Bule e a Unidade Focus da Coruña que se desenvolverán en Lugo os días 28 de marzo, 18 de abril e 9 de maio de 2015.
Lun, 23/03/2015 - 10:49
Cartel xornadas Resposta educativa para o alumnado con TDAH

Obxectivos

1.Capacitar ao profesorado para detectar, aprender e actuar co alumnado con TDAH.

2.Coñecer e desenvolver estratexias e propostas educativas adaptadas ao alumnado con TDAH.

3.Establecer pautas de coordinación entre centros educativos, familias e outras institucións.

Observacións

Esta actividade desenvolverase en colaboración coa Asociación Bule Bule de Lugo e a Unidad Focus da Coruña. Poderán asistir familiares e maiores de 13 anos ata completar aforo.

Contidos

1.A hiperactividade e o déficit de atención

2.Intervención co alumnado con TDAH na casa e na escola

3.Funcións executivas: neuropsicoloxía, neuropsicoloxía TDAh e procesos psicolóxicos básicos

4.Comunicación: comunicación asertiva, estratexias e técnicas de comunicación

5.Autoridade e vínculo: a autoridade como depósito, o vínculo como crédito

6.Leis da Pedagoxía: estratexias de modificación de conduta

Datas:

28 de marzo, 18 de abril e 9 de maio de 2015

Lugar de celebración e horario:

28 de marzo de 2015 : salón de actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Avda. Ramón Ferreiro, 0. Lugo

Horario:de 10:00 h a 14:00 h:

18 de abril de 2015: salón de actos do Centro Social Municipal Uxío Novoneyra, rúa Quiroga Ballesteros, 1, A (soportais), Lugo

Horario: de 09:30 a 13:30 h 

9 de maio de 2015: salón de actos do Centro Social Municipal de Fingoi, Aviación Española, 22-24, Lugo

Horario: de 09:30 a 13:30 h 

Enlace a ficha xeral do curso: http://nubr.co/Qn967s

No seguinte arquivo podedes acceder ao programa máis detallado da actividade: