Xornadas: L1402019 - Resposta educativa para o alumnado con TDAH [1]
Enviado por portalcfrlugo a Lun, 23/03/2015 - 10:49Obxectivos
1.Capacitar ao profesorado para detectar, aprender e actuar co alumnado con TDAH.
2.Coñecer e desenvolver estratexias e propostas educativas adaptadas ao alumnado con TDAH.
3.Establecer pautas de coordinación entre centros educativos, familias e outras institucións.
Observacións
Esta actividade desenvolverase en colaboración coa Asociación Bule Bule de Lugo e a Unidad Focus da Coruña. Poderán asistir familiares e maiores de 13 anos ata completar aforo.
Contidos
1.A hiperactividade e o déficit de atención
2.Intervención co alumnado con TDAH na casa e na escola
3.Funcións executivas: neuropsicoloxía, neuropsicoloxía TDAh e procesos psicolóxicos básicos
4.Comunicación: comunicación asertiva, estratexias e técnicas de comunicación
5.Autoridade e vínculo: a autoridade como depósito, o vínculo como crédito
6.Leis da Pedagoxía: estratexias de modificación de conduta
Datas:
28 de marzo, 18 de abril e 9 de maio de 2015
Lugar de celebración e horario:
28 de marzo de 2015 : salón de actos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, Avda. Ramón Ferreiro, 0. Lugo
Horario:de 10:00 h a 14:00 h:
18 de abril de 2015: salón de actos do Centro Social Municipal Uxío Novoneyra, rúa Quiroga Ballesteros, 1, A (soportais), Lugo
Horario: de 09:30 a 13:30 h
9 de maio de 2015: salón de actos do Centro Social Municipal de Fingoi, Aviación Española, 22-24, Lugo
Horario: de 09:30 a 13:30 h
Enlace a ficha xeral do curso: http://nubr.co/Qn967s [2]
No seguinte arquivo podedes acceder ao programa máis detallado da actividade:

File: