A Consellería de Cultura e Educación participa nunhas xornadas destinadas aos responsables de formación do profesorado

O encontro foi clausurado polo director xeral de Educación que destacou a importancia da coordinación entre o persoal encargado deste área

No encontro participaron preto dun centenar de asesores das estruturas da rede de formación permanente do profesorado

Mér, 04/12/2013 - 16:00
O encontro foi clausurado polo director xeral de Educación que destacou a import
O encontro foi clausurado polo director xeral de Educación que destacou a importancia da coordinación entre o persoal encargado deste área

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e representada por Manuel Corredoira, participou nas Xornada de Formación das estruturas de formación do profesorado celebrada en Lobios, Ourense, ás que asistiron preto dun centenar de asesores tanto de Centro de Formación de Profesorado (CFR) como dos distintos Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

Durante a súa intervención o director sinalou a importancia deste encontro xa que “grazas a estas actividades a Consellería continúa a desenvolver unha nova acción de actualización, precisa para que os nosos docente dean unha resposta aínda mellor, se cabe, aos estudantes de Galicia”, ademais recordou que “o sistema educativo ten que actualizarse constantemente dun xeito acorde ao desenvolvemento da sociedade e as novas tecnoloxías e polo tanto esta xornada e de gran importancia para todo o sistema”. Manuel Corredoira tamén aproveitou a súa presenza no encontro para dar as grazas tanto aos responsables da súa organización como a todos os participantes e a comunidade educativa en xeral polo traballo que desenvolven todos os días desde todos os centros.

A xornada

Un encontro que tivo como obxectivos melloras as estratexias de intervención e asesoramento a centros educativos, así como a reflexión sobre o traballo das diferentes asesoría a e análise dos traballo dos formadores. Demais deuse de contra dos cambios relativos á ferramenta de formación do profesorado e os realizados no sistema de xestión de calidade da rede de formación, así como de informar da actualización de contidos para a web de formación.

Para lograr estes propósitos a xornada incluíu a conferencia “Aprendizaxe cooperativo” e distintos relatorios sobre as novidades no sistema. Do mesmo xeito desenvolvéronse actividades en grupo en torno as TIC; as Linguas; a Innovación Educativa; a Diversidade; a área científico tecnolóxica; o grupo de infantil e primaria; o de ensinanzas artísticas e deportivas e do destinado á Formación Profesional. Nestes grupos realizouse unha percorrido polo traballo feito ata o momentos nos distintos apartados e destacando os puntos fortes e os aspectos que se precisan mellorar. Do mesmo xeito analizouse o momento de traballo actual e os obxectivos e estratexias de futuro. As conclusións de todo o traballo realizado nestes grupos tamén foi posto en común polos directores dos CFR/Cafi participantes.