Nivel 1 das ensinanzas básicas iniciais

Destinatarios

Todas as persoas adultas que necesiten adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo.

Organización

Grupos reducidos, cunha metodoloxía individualizada e con materiais específicos, en horarios flexibles, cunha dedicación semanal de 12 períodos lectivos.

Matrícula

O período de matrícula está aberto durante todo o curso.

Centros

Estas ensinanzas poden seguirse en todos os centros específicos de educación de adultos e nos institutos de educación secundaria autorizados: IES Isidro Parga Pondal (Carballo), IES Fernando Blanco (Cee), IES de Melide, IES Campo de San Alberto (Noia), IES nº 1 de Ribeira, IES Arcebispo Xelmírez I (Santiago de Compostela), IES Dionisio Gamallo Fierros (Ribadeo), IES Lauro Olmo (O Barco), IES de Ribadavia, IES García Barbón (Verín), IES de Rodeira (Cangas), IES A Paralaia (Moaña), IES Ribeira do Louro (Porriño), IES Pintor Colmeiro (Silleda), IES Francisco Sánchez (Tui) e IES Armando Cotarelo Valledor (Vilagarcía de Arousa).

Máis información