Bacharelato para persoas adultas

 

 

Matriculación en Bacharelato para persoas adultas. Preguntas frecuentes

 

 

Destinatarios

Todas as persoas adultas maiores de 18 anos que cumpran os requisitos académicos de acceso.

Excepcionalmente, poderán cursar estas ensinanzas persoas maiores de 16 anos que teñan un contrato de traballo ou estean en circunstancias excepcionais que lles impidan realizar os estudos de bacharelato polo réxime ordinario.

Matrícula

Abrirase un prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 20 de setembro de 2023.

O alumnado que remate estudos de educación secundaria para persoas adultas no
mes de febreiro poderá realizar a matrícula do 15 ao 28 dese mesmo mes.

No bacharelato a distancia, a Dirección do centro poderá autorizar ata o 26 de abril
de 2024 a matrícula fóra de prazo nos seguintes casos:

  • Cando a alumna ou o alumno acredite documentalmente un cambio na súa situación laboral que lle impida continuar os estudos con regularidade.
  • En caso de enfermidade prolongada acreditada.
  • Por outras circunstancias acreditadas que lle impidan continuar os estudos a través da oferta educativa ordinaria ou presencial de adultos.

Acceso

Para o acceso a estas ensinanzas requírese cumprir algunha destas condicións:

  • Estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria
    obrigatoria.
  • Estar en posesión do título de técnica ou técnico de formación profesional, correspondente á formación profesional de grao medio.
  • Estar en posesión do título de técnica superior ou técnico superior de formación
    profesional.
  • Estar en posesión do título de técnica ou técnico de Artes Plásticas e Deseño.
  • Estar en posesión do título de técnica superior ou técnico superior de Artes Plásticas
    e Deseño.
  • Estar en posesión do título de técnica deportiva ou técnico deportivo, tras cursar as
    ensinanzas deportivas de grao medio.
  • Estar en posesión do título de técnica deportiva superior ou técnico deportivo superior.
  • Ter aprobado o segundo curso do bacharelato unificado polivalente (BUP) ou, como máximo, con dúas materias non superadas no conxunto dos dous cursos.
  • Posuír o título de técnico auxiliar de formación profesional de primeiro grao.
  • Ter superado os estudos do primeiro ciclo do Programa Experimental de Reforma
    das Ensinanzas Medias (REM).
  • Ter superado os cursos comúns dos estudos de artes aplicadas e oficios artísticos.

Organización

Estas ensinanzas poden cursarse en dous anos escolares, por curso completo, ou por materias de forma independente. Se se opta por cursar materias de forma independente, non se poderán superar os 32 períodos lectivos semanais.

A modalidade semipresencial esixe a asistencia obrigatoria ás titorías de cada materia (unha hora semanal por cada materia que se curse).

A modalidade a distancia con titorías telemáticas non supón a asistencia a titorías presenciais. A comunicación cos titores realízase a través da Aula Virtual do IES San Clemente e os exames terán que realizarse presencialmente neste centro ou nalgunha das seguintes localidades:  A Coruña, Ferrol, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Permanencia

O tempo máximo de permanencia para cursar estas ensinanzas pola modalidade presencial é de seis anos académicos. Se unha persoa esgota ese tempo sen acadar o título, poderá seguir cursando as materias pendentes na modalidade a distancia.

Centros

Pode consultar a rede de centros nesta ligazón.

A modalidade a distancia telemática impártese no IES San Clemente (Santiago de Compostela).

A modalidade semipresencial pode cursarse nos centros EPA, específicos de educación de persoas adultas, de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, así como nas EPA de Teixeiro e EPA Nelson Mandela e os seguintes institutos de educación secundaria autorizados:

  • IES Monte Castelo (Burela)
  • IES de Foz
  • IES Río Cabe (Monforte)
  • IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
  • IES Lois Peña Novo (Vilalba)
  • IES María Sarmiento (Viveiro)
  • IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño)
  • IES Antón Losada Diéguez (A Estrada)

Certificación

Aos alumnos e alumnas que logren a avaliación positiva de todas as materias dun itinerario formativo expediráselles o título de bacharel na modalidade que se complete.

Cando non se rematen os estudos, os directores dos centros emitirán unha acreditación onde consten as materias cursadas e a cualificación obtida.

O título de bacharel dá acceso a:

  • Ciclos formativos de grao superior.
  • Universidade.
  • Mundo laboral.

Probas libres para obtención do título de bacharel

Aquelas persoas que non poidan asistir normalmente á clase teñen a posibilidade de obter o título de bacharel a través de probas específicas para a obtención deste título. 

Estas probas libres celébranse unha vez ao ano e convócanse publicamente a través do DOG. Para unha maior difusión, a súa celebración anúnciase nos medios de comunicación.

Pode consultar maior información sobre estas probas na ligazón.

     

    Máis información