Skip to Content

Novas da Xunta

Convocada a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO durante o curso 2023/24

Novas da Xunta - Xov, 08/02/2024 - 11:37
Idioma Gallego

Achégase a Resolución do 8 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 9 de febreiro ao 8 de marzo de 2024, ambos incluídos.

A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos.

Acceso á aplicación

Seleccionarase Programas de Éxito Educativo - convocatoria 2023/2024  e a continuación, Programa Spring Week- Centros Públicos 2023-24.

 

File: 

Resolución do 8 de febreiro de 2024 Esquema do proxecto

Tema: 

Lingua estranxeira

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras
Categorías: Novas da Xunta

Alerta meteorolóxica

Novas da Xunta - Mér, 07/02/2024 - 21:16
Idioma Gallego

Comunícase a SUSPENSIÓN de actividades no exterior DURANTE O XOVES 8 nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do noroeste, oeste e suroeste de A Coruña, na Mariña de Lugo.

 

File: 

Acta da reunión da comisión escolar de alertas do 07 de Febreiro de 2024

Tema: 

Información xeral Alertas e avisos

Colectivo: 

Consellería Profesorado Alumnado Familias Centros
Categorías: Novas da Xunta

Unha delegación do Goberno de Canarias visita Galicia para coñecer o seu modelo de ensino rural

Novas da Xunta - Mér, 07/02/2024 - 13:21

Summary: 

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades acompaña ao grupo nunha visita ao CRA de Valga para amosar o seu funcionamento

Idioma Gallego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, visitaron esta mañá o Colexio Rural Agrupado CRA de Valga acompañados por unha delegación da Consellería de Educación do Goberno de Canarias, que se desprazou a Galicia para coñecer o modelo do ensino rural galego.

A delegación canaria, encabezada pola directora xeral de Administración de Centros, Escolarización e Servizos Complementarios, Carolina León, puido comprobar de primeira a organización deste tipo de centros, constituídos por varias escolas unitarias, unha das cales exerce como sede principal e centro administrativo e de xestión e punto de encontro de toda a comunidade escolar do conxunto que conforma o Colexio Rural Agrupado.  

O CRA de Valga está constituído por seis escolas unitarias que aglutinan un total de 89 alumnos. A sede principal é a Escola de Campaña, onde a delegación canaria coñeceu o proxecto educativo que se leva a cabo, caracterizado pola colaboración e a dinamización de accións entre o conxunto das aulas que a conforman.  

Precisamente unha das vantaxes deste tipo de agrupamentos é que posibilita unha acción educativa coordinada, cun plan de centro e unha programación común; dinamiza a comunicación entre aulas, etapas e niveis educativos, e facilita a tarefa de coordinación, superando o illamento da escola unitaria independente. Así mesmo, favorece a optimización dos recursos materiais e humanos, incrementando a implicación do profesorado en proxectos de innovación e de formación, entre outros.

 A visita ao Centro Rural Agrupado de Valga é a primeira parada desta xira da delegación educativa canaria por Galicia, xa que mañá visitarán tamén os de Vilaboa e de Ribadavia.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

A directora xeral de FP visita o Instituto de Pontepedriña, en Santiago, para explorar o impulso da oferta dual neste centro o vindeiro curso

Novas da Xunta - Mar, 06/02/2024 - 14:46

Summary: 

Eugenia Pérez subliña “a grande demanda” dos ciclos vinculados ao ámbito comercial, de xestión de vendas e de loxística, onde este centro é un referente

Idioma Gallego

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou esta mañá o Instituto IES Pontepedriña, en Santiago de Compostela, para analizar co equipo directivo do centro as posibilidades de impulso da oferta formativa na modalidade dual de cara ao vindeiro curso escolar, sobre todo no ámbito comercial, de xestión de vendas e de loxística, entre outros, cunha grande demanda por parte do tecido produtivo.  

A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou a importante aposta pola Formación Profesional que está desenvolvendo o IES de Pontepedriña, especialmente no eido comercial, “onde está consolidado como un referente no sur da provincia da Coruña”.

Así pois, este encontro enmárcase no reforzo destas ensinanzas profesionais por parte da Xunta para atender a demanda que veñen manifestando as empresas do sector de contar con persoal con formación especializada para desempeñar postos de carácter estratéxico nas firmas. De feito, a taxa de inserción laboral do alumnado que realiza ensinanzas no ámbito do Comercio e do márketing é do 87,3 %, porcentaxe que se incrementa na modalidade de FP dual.

No presente curso escolar, o IES Pontepedriña oferta dez ciclos formativos, tanto de grao básico como medio e superior. Ademais, imparte en modalidade dual os ciclos superiores de Transporte e loxística e de Xestión de vendas e espazos comerciais, e o ciclo de grao medio de Comercialización de produtos alimentarios, todos eles en colaboración con importantes empresas como Leroy Merlin, Detacargo, Lidl, Sprinter, Carrefour, Ignacio de las Cuevas, Pérez Rumbao, El Corte Inglés, Gadisa e Coren, entre outras.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Categorías: Novas da Xunta

Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2023/24

Novas da Xunta - Mar, 06/02/2024 - 11:56
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 11 de xaneiro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2023/24 (código de procedemento ED531D).

  • O prazo de presentación de solicitudes será 1 mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Acceso a la aplicación

 

File: 

Orde do 11 de xaneiro de 2024 (DOG) Extracto da Orde do 11 de xaneiro de 2024 (DOG) Pasos para cubrir a solicitude

Tema: 

Bolsas Lingua estranxeira Centros concertados

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras
Categorías: Novas da Xunta

Publicación das vacantes provisionais no concurso xeral de traslados (código de procedemento ED012A)

Novas da Xunta - Mar, 06/02/2024 - 09:02
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 5 de febreiro de 2024 pola que se fan públicas as vacantes provisionais que serán obxecto de provisión no concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A).

 

Anuncio principal: 

Concurso xeral de traslados dos corpos de persoal docente non universitario dependente da Consellería competente en materia de educación 2023

Servizo relacionado: 

CXT

Tema: 

Concurso de traslados

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Colectivo: 

Profesorado
Categorías: Novas da Xunta

Xov, 01/01/1970 - 02:00
Distribuir contido


by Dr. Radut