Skip to Content

de calefacción

para o presente curso escolar

Ofrecemos un servizo de calefacción integral para todo o centro conforme as seguintes premisas:Imagen relacionada

  • Zonas independentes
    • A continuación enuméranse as distintas zonas. Preme aquí para consultares o mapa de calefacción
      1. Norte
      2. Sur
      3. Tecnoloxía
      4. Salón de actos
      5. Departamentos
      6. Oficinas
      7. Vivenda
  • Temperatura obxectiva
    • Conforme a “guía práctica de aforro de enerxía” publicada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) no ano 2012, a temperatura obxectiva é de 20º (zonas de alta ocupación) en tódolas aulas, corredores e halls agás en departamentos e oficinas onde é de 22º (zonas de baixa ocupación)
    • Preme aquí para consultar a nota de prensa do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
  • Programación
    • A programación é variable segundo a época do ano e a temperatura ambiental, isto é, a principios e finais de temporada funciona 1 hora diaria e no pico de frío funciona toda a xornada escolar.  A maiores cada radiador dispón dunha válvula termostática, isto é, que ten regulada unha temperatura máxima individual o que permete que tendo a calefacción acendida, uns radiadores estean "a todo gas" por ser zonas máis frías, ser zonas sombrías ou ter pouca xente (por exemplo, as oficinas e departamentos), mentres que outros estean temperados ou mesmo fríos por ser zonas máis quentes, solleiras ou ter moita xente (por exemplo, as aulas)
    • Esta é a programación dos últimos cursos:
      • Curso académico 2016/17 e seguintes
        • 7 horas diarias máximas de calefacción e 1 hora mínima, segundo a época do ano
      • Curso académico 2015/16
        • 6 horas diarias máximas de calefacción e 1 hora mínima, segundo a época do ano
      • Curso académico 2014/15
        • 5 horas diarias máximas de calefacción e 1 hora mínima, segundo a época do ano
      • Curso académico 2013/14
        • 4 horas diarias máximas de calefacción e 1 hora mínima, segundo a época do ano
      • Curso académico 2012/13 e anteriores
        • 3 horas diarias de calefacción
    • Aínda así, a programación habitual e a seguinte:
      • Luns --> de 7 a 13 horas
      • Martes, mércores e venres --> de 8 a 12 horas
      • Xoves --> de 8 a 13 horas
      • Sábados, domingos e festivos --> apagada
    • A vivenda ten unha programación segundo as súas necesidades que, obviamente, son diferentes das do resto das zonas
  • Melloras enerxéticas e de confort feitas
    • Curso académico 2022/23Resultado de imagen de servicios ofrecidos
      •  Habilitación da programación remota (domótica)
      • Renovación da hidráulica de calefacción
      • Instalación de tarima flotante no departamento de Lingua castelá e literatura (mellora de 2º ambientais)
      • Renovación do 35% dos carteis solicitando a colaboración no peche das ventás
      • Renovación até o 100% do falso teito, acústico e térmico. (mellora de 1,5º ambientais)
    • Curso académico 2021/22
      • Renovación do 35% dos carteis solicitando a colaboración no peche das ventás
      • Renovación até o 95% do falso teito, acústico e térmico. (mellora de 1,5º ambientais)
    • Curso académico 2020/21
      • Cambio do subministro de gasoleo C individual por pellets centralizado na zona educativa da Xunqueira
      • Mellora até o 100% da estanqueidade das caixas de persiana (mellora de 1º ambiental)
      • Renovación até o 100% do illamento das portas de acceso ás aulas
      • Instalación de tarima flotante no laboratorio de física, no obradoiro de tecnoloxía e no departamento de Lingua galega e literatura, e portuguesa. (mellora de 2º ambientais)
      • Nova zona de oficinas
    • Curso académico 2019/20
      • Instalación de tarima flotante nas titorías 1, 2 3 e 4 (mellora de 2º ambientais)
      • Mellora até o 85% da estanqueidade das caixas de persiana (mellora de 1º ambiental)
      • Renovación até o 85% do illamento das portas de acceso ás aulas
      • Renovación até o 85% do falso teito, acústico e térmico (mellora de 1,5º ambientais)
    • Curso académico 2018/19
      • Renovación até o 75% do falso teito, acústico e térmico (mellora de 1,5º ambientais)
      • Mellora até o 75% da estanqueidade das caixas de persiana (mellora de 1º ambiental)
      • Renovación até o 100% da estanqueidade das ventás (illamento, xuntas, burletes e demáis) (mellora de 1,5º ambientais)
    • Curso académico 2017/18
      • Instalación de vidros dobres na cafetería
      • Instalación de falso teito, acústico e térmico no obradoiro de tecnoloxía (mellora de 3º ambientais)
      • Duplicado da calefacción do obradoiro de tecnoloxía
      • Renovación até o 50% do falso teito, acústico e térmico (mellora de 1,5º ambientais)
      • Instalación até o 100% de persianas automáticas (mellora de 1,5º ambientais)
      • Mellora até o 50% da estanqueidade das caixas de persiana (mellora de 1º ambiental)
      • Renovación até o 85% da estanqueidade das ventás (illamento, xuntas, burletes e demáis) (mellora de 1,5º ambientais)
      • Renovación até o 75% do illamento das portas de acceso ás aulas
    • Curso académico 2016/17
      • Instalación de tarima flotante no chan da conserxería, e nos departanentos de Tecnoloxía, Educación física, Artísticas, Matemáticas e Economía, Relixión, Filosofía, Latín e Grego (mellora de 2º ambientais)
      • Instalación de vidros dobres no obradoiro de Tecnoloxía
      • Cambio da calefacción do obradoiro (radiadores en vez de termoventiladores)
      • Instalación de radiadores no descanso e aseo do persoal de administración e servizos
      • Renovación até o 25% do falso teito, acústico e térmico (mellora de 1,5º ambientais)
      • Renovación até o 75% da estanqueidade das ventás (illamento, xuntas, burletes e demáis) (mellora de 1,5º ambientais)
      • Instalación até o 75% de persianas automáticas (mellora de 1,5º ambientais)
      • Mellora até o 25% da estanqueidade das caixas de persiana (mellora de 1º ambiental)
      • Renovación até o 25% do illamento das portas de acceso ás aulas
    • Curso académico 2015/16
      • Instalación de tarima flotante no chan da biblioteca e nos departamentos de Xeografía e historia, Ciencias e Linguas estranxeiras (mellora de 2º ambientais)
      • Instalación de vidros dobres na Biblioteca, na dirección, nas titorías 3 e 4, e na aula de convivencia inclusiva (antiga de fogar)
      • Triplicado da calefacción na dirección
      • Duplicado da calefacción na cafetería, Arte, e PMAR/PDC
      • Renovación parcial da sala de caldeiras (chimeneas, circuitos e bombas)
      • Renovación até o 50% da estanqueidade das ventás (illamento, xuntas, burletes e demáis) (mellora de 1,5º ambientais)
      • Instalación até o 50% de persianas automáticas (mellora de 1,5º ambientais)
    • Curso académico 2014/15
      • Duplicado da calefacción nos departamentos de Educación física e Tecnoloxía
      • Instalación de vidros dobres no departamentos de Educación física
      • Instalación de válvulas termostáticas, no 100% dos radiadores
      • Instalación de 3 termos eléctricos de auga quente (Vivenda, cafetería e duchas PAS)
      • Renovación parcial da sala de caldeiras (vasos de expansión, manómetros e eliminación da auga quente por caldeira)
      • Renovación até o 25% da estanqueidade das ventás (illamento, xuntas, burletes e demáis) (mellora de 1,5º ambientais)
      • Instalación até o 25% de persianas automáticas (mellora de 1,5º ambientais)
    • Curso académico 2013/14
      • Instalación de vidros dobres na aula de Debuxo técnico e na titoría 4
      • Triplicado da calefacción en TIC 2 (antigo dep. de Xeografía e historia), e en Inglés
      • Duplicado da calefacción en toda a zona de departamentos e Tecnoloxía
      • Redución á metade de radiadores en zonas de paso e nas aulas de informática 1 e informática 2
      • Instalación de válvulas termostáticas: Zonas sen alumnado (até o 90%), zonas de alumnado (até o 5%) e zonas de paso (até o 10%)
      • Instalación de carteis solicitando a colaboración no peche das ventás (até o 100%)
    • Curso académico 2012/13
      • Triplicado da calefacción en TIC 4 (antigo dep. de Inglés) e en Clásicas
      • Duplicado da calefacción de dirección, departamento de orientación e oficinas
      • Instalación de calefacción na conserxería
      • Instalación de válvulas termostáticas en zonas sen alumnado (até o 50%)
      • Instalación de vidros estancos no 100% dos aseos, dotándoos con sistemas de aireación forzada
    • Curso académico 2011/12
      • Instalación de tarima flotante nas oficinas, vicedirección, secretaría e xefatura de estudos (mellora de 2º ambientais)
      • Instalación de pechaportas automáticos no 100% das portas de acceso ao centro
    • Curso académico 2010/11
      • Eliminación dos mandos dos radiadores
      • Instalación de pechaportas automáticos no 100% dos aseos
    • Curso académico 2009/10
      • Instalación de tarima flotante na sala de profesorado, dirección e departamento de Orientación (mellora de 2º ambientais)
      • Instalación dun programador unificado e semanal para as zonas Norte, Sur, salón de actos e departamentos. As zonas de tecnoloxía e vivenda teñen cadanseu programador

Para accederes a outros servizos:

Distribuir contido


by Dr. Radut