Skip to Content

Blog_ACE

Blog de Actividades Complementarias e Extraescolares

Visita ao CITIUS

O alumnado da materia TIC de 1º e 2º de bacharelato visitaron o CITIUS na mañán do día 17 de febreiro.

Celebración do Entroido

Celebramos o Entroido hoxe dia 17 de febreiro. Busca a túa foto!!.

Intercambio co Lycée Gambetta (Tourcoing, Francia)

 

Entre o 4 e o 8 de febreiro recibimos en Noia a 23 alumnos e alumnas franceses acompañados por tres profesores. Desenvolveron un intenso programa de actividades culturais, académicas e lúdicas. Foi moi emocionante telos entre nós. En maio serán os noso alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato os/as que visiten Tourcoing.

Teatro Clásicos de la Literatura Española

O día 7 de febreiro asistimos no Coliseo Noela a unha representación teatral moi divertida organizada polo Departamento de Lingua Castelá. O alumnado de 1º, 2º e 3º ESO participou entre as  10,30 a 11,30 horas. Posteriormente, ás 11,45 horas foi a quenda do alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato.

Día da Paz

Celebramos o Dia da Paz o 30 de xaneiro. O alumnado traballou nas titorías sobre os premios Nobel da Paz. O resultado expúxose polos corredores.

"O teu algoritmo e ti"

O dia 27 de xaneiro, o alumnado de 2º de ESO, na materia de Programación asisteu a unha charla organizada polos seus profesores Felipe Roget e Emilio Regueira.

Distribuir contido


by Dr. Radut