Skip to Content

Lingua Galega

Membros do departamento

  • Silvia Susana García Souto (Xefatura de Departamento)
  • Mónica Martínez Baleirón (Coordinación do EDLG)
  • Ignacio Rodiño Caramés (Coordinación E-Dixgal)

As Letras Galegas no IES Virxe do Mar

O Día das Letras Galegas deste 2024 está adicado a Luísa Villalta.

O Equipo da Biblioteca organizou unha pequena exposición coas obras da autora homeaxeada e o Departamento de Lingua Galega, coa colaboración do alumnado de 2º de Bacharelato, confeccionou un tríptico, que podedes descargar.

 

Obradoiro de poesía con Ismael Ramos

Este luns, 11 de decembro, tivemos con nós ao poeta Ismael Ramos impartindo un obradoiro de poesía dirixido ao alumnado de 4º de ESO. Foi unha tarde ben amena e enriquecedora, xa que ademais de contarnos a súa experiencia como estudante deste centro, Ismael falounos do proxecto "Casa do silencio" e destapou esas palabras “tabú” das que tanto custa falar cando un inicia o camiño cara á madurez.

Falamos de relacións familiares, da identidade de xénero, de menstruación, de saúde mental… de todo! Conseguimos liberar eses tabús que ás veces se atragoan nas nosas gorxas adolescentes e que apreixan o noso corpo deixándonos sen aire. Si, fixemos terapia e aprendemos que a mellor forma posible para liberarnos dos nosos medos e incertezas é a poesía.

 

 

Música para o 25N

O 25N tamén podemos celebralo a través da música...

Aquí tedes unha lista de reprodución con temas musicais relativos ao tema.

Desfrutádea!

 

Letras Galegas 2023

Tríptico elaborado polo alumnado de 2º ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut