IES VIRXE DO MAR
Rosalía de Castro, nº1- 15200 Noia
tlf: 881 86 68 31
ies.virxedomar.noia@edu.xunta.es
Historia de Noia
Achegamento á historia de Noia
Por Marisa López Vivero
É moi frecuente que nas tradicións dos pobos haxa referencias míticas e a heroes de remotas terras, como primeiros poboadores do seu territorio tentando, así de relacionar a súa orixe con antepasados de prestixio. Noia non ía ser unha excepción e xustifica a súa fundación nada menos que á neta de Jafet ( fillo de Noé), Noela, quen atracaría nestas costas despois do Diluvio. O escudo da vila recolle esta lenda ó representar a Noé asomado á ventá da Arca, debaixo, as ondas do mar e sobre ela unha pomba cun ramo de oliveira, pechando o conxunto a Coroa Real.
Dentro do termo do Concello os restos prehistóricos máis antigos remóntanos ó Megalítico do que só temos noticia da Anta de Argalo ( Cova da Moura) situada no lugar do Páramo e o camiño que conduce a ela bordea un dos tres castros catalogados: o de Sobreviñas, os outros dous son o de San Lois , asentado no cumio do monte e A Croa do Castro en Santa María de Róo. Os primeiros testemuños escritos proceden dos escritores clásicos como Pomponio Mela e Plinio e tamén aparece citado no Itinerario de Antonino( onde se describen as vías romanas) quen na vía chamada “per loca marítima”, denomina a unha das mansións ( lugares para descanso e avituallamento) como “Ad Duos Pontes”, sen embargo,a citada vía costeira, non pasaba pola actual Noia, moi posiblemente a vila estaría situada entre a Barquiña e Barro. Nos séculos iniciais da Idade Media, entre o VIII e XI, prodúcese unha situación de inseguridade que afecta a Europa atlántica : son as invasións dos “pobos do mar” (normandos e viquingos) ós que hai que engadir, na Península, os musulmáns. Galicia e Noia non ían ser alleas ás acometidas destes pobos que obriga as poboacións costeiras a adentarse cara a terra buscando refuxio e terras de cultivo. No ano 1115 unha das “razzias” dos musulmáns arrasa practicamente a primitiva vila e leva ó rei Fernando II a conceder “Carta Puebla” fundacional a Noia en 1168 pois a expansión económica xeral dos séculos XII e XIII propiciou o crecemento dos núcleos urbanos xa existentes e a aparición doutros novos que non obrigaba á desaparición do primeiro, como é o caso de Noia. En Galicia a aceleración do proceso urbanizador xira en torno a tres eixes: · O Camiño de Santiago. · As sedes episcopais. · As vilas costeiras. En efecto, a “invención” (achado) do sepulcro do Apóstolo Santiago atraerá unha crecente afluencia de peregrinos e non só polas vías terrestres, moito máis utilizadas, poderá achegarse a Santiago senón tamén as marítimas serán importantes vías de acceso e Noia é un bo exemplo de vila costeira que atrae a peregrinos e mercaderes, sobre todo británicos, ademais dos que, unha vez venerado o Santo, continúan a súa peregrinación ata Fisterra e o seu desenvolvemento estará baseado na actividade mercantil, pesqueira ... Por mar chegaban tamén “os cruzados” que ían defender os Santos Lugares, como cita o profesor D.Álvaro de las Casas: “ hacia 1147 una armada salida de Dartmouth con soldados de Flandes, la baja Alemania, Inglaterra y Aquitania que tomaban parte la cruzada que predicara S. Bernardo, corrió gravísimo peligro a causa de una tormenta y pudo encontrar refugio en nuestro puerto donde se reunieron y repararon sus 200 naves”(A.delas Casas “O cemiterio de Sta.María a nova”.Estudio introductorio de X.Torres, páx.11). Neste documento fundacional da vila ponse de manifesto o trato preferencial ós peregrinos ó suprimir o dereito chamado do “naufraxio”, desde A Coruña a Padrón, que concedía ó señor ( o Arcebispo) apoderarse dos navíos que naufragasen nas costas e os despoxos dos náufragos. O porto Totum Bonum vai ser cedido á Mitra Compostelá pero o rei reservará para a Coroa a metade do “dereito de ancoraxe”, imposto por fondear no porto, o cal pon de manifesto o seu valor económico. O Arcebispo de Santiago, como señor da vila, tiña unha serie de privilexios sobre a vila de Noia, como mostra este documento dalgunhas cargas impositivas que cobros axentes do prelado e que evidencian a variada producción noiesa.
Iten ha de auer el mayordomo la meytad del diesmo de los marineros e de los hombres de las naves de los baxeles. Tamén a Mitra Compostelá tiña poder para administrar xustiza como amosa este documento que o Arcebispo de Santiago, D.Xoan Arias concede á vila de como se debe administrar a xustiza nela:
1.Sy algun vizino fuer a casa de su vizino por rason de le facer mal e le entrar en la casa e le echar piedras o al (otra cosa semejante) febe aver al mayordomo LX soldos. Pese a non ter carácter de reguengo, noia vai seguir contando co favor real con Alfonso IX (fillo de Fernado II) ó concederlle o privilexio de exclusiva para elaboración do saín (graxa obtida da sardiña) o que vai favorecer a industria e constata a riqueza de sardiña. Este privilexio, que comparte con Pontevedra, vai ser ratificado por Fernado III en 1238 e ademais engade ó escudo de noia a media lúa e as cadeas quebradas pola, ó parecer, axuda prestada pola vila na reconquista de Sevilla. Noia, como cidade con poder económico, ten unha burguesía que aporta unha nova mentalidade, común en toda a Europa occidental, que potencia a busca de beneficio como resultado dunha actividade comercial polo tanto opoñeranse ó dominio da Mitra como señorío da vila pero tamén os monarcas pretenderán frear o poder dos señores feudais e temos, outra vez, relación coa dinastía real na figura de Alfonso X, o Sabio, quen, home do seu tempo, acepta as novas ideas xurdidas da actualización do Dereito Romano Cesarista dos legistas de Bolonia cunha clara tendencia a formas autoritarias. Ámbolos dous intereses converxen no desexo de suprimir o señorío eclesiástico e que vai ter o apoio real e de parte da nobreza noiesa, aínda que non se vai conseguir. Sen embargo, isto non vai ser óbice para que parte da nobreza de habitantes noieses foran fieis ós Arcebispos, tal é o caso de Fr.Berenguel de Landoira, nomeado arcebispo de Santiago, vai encontrar refuxio e simpatía na vila, logo que en Santiago téñanse producido unha serie de revoltas con intención de depender directamente do rei e capitaneadas polo cabaleiro Alonso Suárez de Deza quen saqueaba as terras do señorío compostelá (cousa nada excepcional naquela época). Este arcebispo, agradecido, vai contribuír o engrandecemento de Noia desde tres ámbitos:
Respecto á construcción da muralla, esencial para defensa, prestixio e incluso aproveitada para construcción de vivendas adosadas, D.Berenguel expón á raíña rexente, Dona María de Molina que:” los de la villa de Noia eran muy pobres et muy astragados por racon de cavalleros et de otros homes poderosos quelles mal por razon de que la dicha villa no es cercada” conseguindo un Real Privilexio mediante o cal os veciños de Noia quedaban exentos de tributos e cargas á Coroa durante seis anos o que permitía ós noieses acadar os fondos necesarios. Seguindo o profesor P.García Vidal, esta muralla non sería a primitiva A Igrexa de Santa María , de estilo gótico mariñeiro, vai ser reconstruída a partires dunha pequena capela polo que desde entón recibe o de A Nova, ten no seu tímpano de entrada a representación da Epifanía e a esquerda da Virxe co Neno aparece o propio D.Berenguel de Landoira. A vila de Noia é xa considerada como un dos portos principais de Galicia,é por iso que vai ser ameazada, xunto con A Coruña, polo Duque de Lancaster, pretendente ó trono castelán, o rei Juan I manda reforzos e parece de comentou: “Mientras tenga en mi poder las villas y fortalezas de La Coruña y Noya, seré Señor de Castilla. Outro arcebispo que vai ter, tamén, unha relación positiva con Noia é D.Lope de Mendoza o cal mandará reedificar a Igrexa de San Martiño, igualmente de estilo gótico mariñeiro, como no caso de Santa María tamén este arcebispo está representado no tímpano da entrada lateral. Pasará temporadas no pazo-fortaleza do Tapal e apoia as queixas dos veciños
|
|
