Skip to Content

Blogue de admin

MERCAMAR: Mercado Solidario no IES Virxe do Mar

Xa podedes comezar a traer roupa e mercar a vosa entrada por 1€.

Os cartos recadados serán doados á Asociación Saúde Mental A Creba, de Noia.

Os paseos de Jane

O pasado venres, 24 de maio, o alumnado de Proxecto Competencial de 4ºA realizou, xunto ao alumnado do IES A Cachada de Boiro, unha actividade chamada “Os paseos de Jane”. Estes paseos realízanse no mes de maio en distintas cidades de todo o mundo e son un recoñecemento ao legado e ás ideas de Jane Jacobs, que defendía o deseño e as construcións das cidades centradas nas persoas que viven nelas. 

Nesta xornada acollemos o alumnado de Boiro e falámoslle da nosa cultura local, do noso pasado medieval e dos problemas sociais e urbanísticos asociados á accesibilidade dos espazos públicos da nosa vila. Logo, foron eles os anfitrións e guiáronos polas rúas do Cabo da Cruz. Velaquí vos deixamos este vídeo da experiencia.

 

Horarios exames convocatoria extraordinaria 2º bach

 
Horarios exames convocatoria extraordinaria 2º bach-2023/2024
HORA Luns 10 de xuño Martes 11 de xuño Mércores 12 de xuño

1ªh e 2ªh

(8:45h – 10:25h)

Inglés II Historia da Filosofía Historia de España

3ªh e 4ªh

(10:45h – 12:25h)

Química

Historia da Arte

Matemáticas II

MACSII

Latín II

Lingua galega

e literatura II

5ªh e 6ªh

(12:45h – 14:25h)

Bioloxía

Xeografía

Lingua castelá

e literatura II

Lingua galega

e literatura I

7ªh e 8ªh

(16:20h – 18:00h)

Matemátcas I

MACS I

Inglés I

Latín I

   

NOTA: As materias marcadas en cor son as pendentes de 1º Bacharelato.

 

As Letras Galegas no IES Virxe do Mar

O Día das Letras Galegas deste 2024 está adicado a Luísa Villalta.

O Equipo da Biblioteca organizou unha pequena exposición coas obras da autora homeaxeada e o Departamento de Lingua Galega, coa colaboración do alumnado de 2º de Bacharelato, confeccionou un tríptico, que podedes descargar.

 

Deseños conmemorativos do día das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Luísa Villalta, fixéronse algúns deseños conmemorativos con algunhas das máquinas do Polo Creativo: impresión 3D, corte láser e plóter de corte. Lembrade que tedes á vosa disposición as instalacións do Polo para materializar as vosas ideas.

Distribuir contido


by Dr. Radut