Skip to Content

Blogue de admin

Felicitamos a Malva Abuín e Claudia Martínez

Noraboa ás nosas alumnas de 4º ESO por ter conseguido unha beca para estudar en EEUU e Canadá o próximo curso. Desexamos que a experiencia sexa moi grata e proveitosa. Botarémosvos de menos. Moita sorte.

 

Teatro Clásicos de la Literatura Española

O día 7 de febreiro asistimos no Coliseo Noela a unha representación teatral moi divertida organizada polo Departamento de Lingua Castelá. O alumnado de 1º, 2º e 3º ESO participou entre as  10,30 a 11,30 horas. Posteriormente, ás 11,45 horas foi a quenda do alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato.

Día da Paz

Celebramos o Dia da Paz o 30 de xaneiro. O alumnado traballou nas titorías sobre os premios Nobel da Paz. O resultado expúxose polos corredores.

"O teu algoritmo e ti"

O dia 27 de xaneiro, o alumnado de 2º de ESO, na materia de Programación asisteu a unha charla organizada polos seus profesores Felipe Roget e Emilio Regueira.

Festival de Nadal 2022

O dia 22 xuntámonos todos e todas para despedir o primeiro trimestre e dar paso ás vacacións de Nadal. Houbo chocolate, rosca, actuacións e entrega de premios dos concursos de decoración de aulas e do festival Got Talent.

Clase de Arte na Catedral de Santiago

Alumnado de Arte de 2º de bacharelato acompañados pola súa profesora Concha Sabucedo, visitaron a Catedral de Santiago o dia 21 de decembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut