Exposición "Matemáticas é nome de muller"

O Departamento de Matemáticas leva xa varios anos traballando co alumnado para procurar dar visibilidade ás mulleres matemáticas ao longo da Historia, as cales, por desgraza, non adoitan aparecer habitualmente nos libros de texto e ás que non se lles teñen recoñecido as súas importantes achegas científicas ata hai ben pouco.
Durante estes días podedes visitar no vestíbulo do centro a exposición titulada “MATEMÁTICAS É NOME DE MULLER”. Consta dun total de 21 infografías de matemáticas de todos os tempos (tamén do século XXI), nas que se amosa o resultado dos proxectos de investigación levados a cabo por varios alumnos e alumnas de 2º Bacharelato dentro da área Matemáticas II.
O seguinte vídeo é un adianto do que atoparedes nesta exposición. Vinde descubrir canto lles debemos a todas esas mulleres científicas e matemáticas.