Premio extraordinario da familia profesional de Edificación e Obra Civil de FP de grao superior para toda Galicia

IES Gonzalo Torrente Ballester quere felicitar a Irene Veiga e Manuel Souto, ambos alumnos do noso Ciclo Superior Proxectos de Edificación e sendos finalistas no premio extraordinario da familia profesional de Edificación e Obra Civil de FP de grao superior  para toda Galicia, correspondente ao curso 2020/21, e en especial a ela, Irene Veiga Mouzo, que resultou finalmente gañadora do devandito premio extraordinario (DOG 07/07/2022).