Aportación complementaria para a adquisición de máscaras para o alumnado

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG n° 218 do 12 de novembro) que anuncia unha aportación complementaria aos centros para a adquisición de máscaras para o alumnado.
As devanditas máscaras distribuiranse entre o alumnado pertencente a familias cuxa renta per cápita non supere o limiar dos 6000 €.
Asignaranse directamente ao alumnado beneficiario de axudas para material escolar (cheque 50 €).
Con todo, tamén pode recibilas o resto do alumnado que non foi beneficiario destas axudas por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito e presente a solicitude presencialmente no centro antes do 26 de novembro de 2021.