Presentación de candidaturas ás eleccións ao Consello Escolar 2021-2022

Informamos que o vindeiro martes 9 de novembro ábrese o prazo para presentar as candidaturas polos distintos sectores ás eleccións ao Consello Escolar do IES Gonzalo Torrente Ballester. Dito prazo rematará o martes 16 de novembro.

Podedes cubrir o formulario de presentación de candidaturas:

  • Premendo nesta ligazón.
  • Descargando o arquivo adxunto.
  • Solicitándoo nas oficinas de administración do centro.

Dito formulario poderá presentarse ata o martes 16 de novembro na administración do instituto.

Animámosvos a participar no órgano colexiado máis importante do centro.

AdxuntoTamaño
Formulario de candidatura ás eleccións ao Consello Escolar - 2021-2022.doc55 KB