Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2019-2020
1.- NORMAS XERAIS
Dirixida ao alumnado do centro, que pode solicitar:
- ALUMADO DE 1º E 2º DE ESO: Só axudas para adquirir material escolar. Este alumnado non poderá solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto xa que ao ser o noso centro un centro EDIXGAL todo o alumnado destes niveis teñe garantidos un mínimo de 6 libros dixitais gratuitos.
- ALUMADO DE 3º E 4º DE ESO: Participación no fondo solidario de libros de texto e/ou axudas para adquirir material escolar.
2.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS
- Devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2018/2018.
- Conservar en bo estado os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso escolar 2019/2020.
- Destinar o importe do vale de material a adquirir o material escolar que necesite.
3.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
PRAZO: As solicitudes poderán facerse entre o 21 de maio e o 21 de xuño de 2019.
MODO: O solicitante será o pai/nai/titor legal do alumno.
- Presentación electrónica: unha solicitude por fillo/a.
- Presentación non electrónica: unha solicitude única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente
LUGAR: As solicitudes poderán facerse:
- Preferiblemente por vía electrónica nos formatos dispoñibles na aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electróncia da Xunta de Galicia.https://sede.xunta.gal.
- Presencialmente no centro docente no que estea admitido o alumno para o curso 2018-2019.
- Calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
FORMULARIO: (Anexo I) dispoñible:
- No portal educativo, http://www.edu.xunta.gal
- Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería.
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:
Xunto coa solicitude haberá que entregar a seguinte documentación, referida á situación a 31 de decembro de 2017:
- Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
Segundo a situación do alumno/a haberá que entregar outra documentación (sentencia xudicial de separación ou divorcio, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbitofamiliar, resolución administrativa o xudicical que acredite a situación de acollimiento...).
4.- CALENDARIO DE APLICACIÓN
- Presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño de 2019 (incluídos).
- Listaxes provisionais de admitidos e excluídos: 11 de xullo de 2019.
- Listaxes definitivas de admitidos e excluídos: 13 de setembro de 2018.
- Entrega de vales de material: unha vez formalizada a matrícula para o curso 2018-2019 (publicaránse as listaxes segundo estean dispoñibles).
- Entrega de libros do fondo: do 16 ao 27 de setembro de 2019.
5.- LEXISLACIÓN APLICABLE