Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2018-2019

1.- NORMAS XERAIS

Dirixida ao alumnado do centro, que pode solicitar:

  • Participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado de ESO.
  • Axudas para adquirir material escolar para o alumnado de ESO.

 

2.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Devolver os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso 2017/2018. 
  • Conservar en bo estado os libros de texto recibidos do fondo solidario no curso escolar 2018/2019.
  • Destinar o importe do vale de material a adquirir o material escolar que necesite.

 

3.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO: As solicitudes poderán facerse entre o 22 de maio e o 22 de xuño de 2018.

MODO: O solicitante será o pai/nai/titor legal do alumno.

  • Presentación electrónica: unha solicitude por fillo/a.
  • Presentación non electrónica: unha solicitude única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente

LUGAR: As solicitudes poderán facerse:

  • Preferiblemente por vía electrónica nos formatos dispoñibles na aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electróncia da Xunta de Galicia.https://sede.xunta.gal.
  • Presencialmente no centro docente no que estea admitido o alumno para o curso 2018-2019.
  • Calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

FORMULARIO: (Anexo I) dispoñible:

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Xunto coa solicitude haberá que entregar a seguinte documentación, referida á situación a 31 de decembro de 2016:

  • Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Segundo a situación do alumno/a haberá que entregar outra documentación (sentencia xudicial de separación ou divorcio, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbitofamiliar, resolución administrativa o xudicical que acredite a situación de acollimiento...).

 

4.- CALENDARIO DE APLICACIÓN

  • Presentación de solicitudes: do 22 de maio ao 22 de xuño (incluídos).
  • Listaxes provisionais de admitidos e excluídos: 12 de xullo de 2018.
  • Listaxes definitivas de admitidos e excluídos: 14 de setembro de 2018.
  • Entrega de vales de material: unha vez formalizada a matrícula para o curso 2018-2019 (publicaránse as listaxes segundo estean dispoñibles).
  • Entrega de libros do fondo: do 17 ao 27 de setembro.

 

5.- LEXISLACIÓN APLICABLE