"AS ASAMBLEÍSTAS"

"Os Autorizados"

Xa sabiamos que non ían defraudar, porque dende que fixeron a súa primeira representación hai tres anos, o noso grupo de teatro xuvenil, “Os Autorizados”, vén poñendo o listón cada vez máis alto, incorporando cada tempada a novos actores e actrices que van substituíndo aos alumnos que rematan os seus estudos no noso centro, a pesar de que algúns continúan aí, fieis a ese proxecto que eles mesmos puxeran en marcha.

Este ano, os rapaces decidiron facer unha adaptación da obra clásica “As Asambleístas”, unha comedia orixinal de Aristófanes, que reivindicaba un papel protagonista para as mulleres dentro da política; pero introduciron “lixeiros” cambios nos diálogos e nalgúns personaxes para que resultase máis entretida e divertida ao público actual. E a verdade, é que o conseguiron, posto que os asistentes á representación que tivo lugar a tarde do venres 12 de Maio no Teatro Principal de Pontevedra, saíron encantados do que acababan de presenciar.

En realidade, istó é unha proba máis de que os nosos alumnos teñen talento de sobra e de que non lles faltan ganas de traballar e de esforzarse (lémbrovos que ensaiaron case todos os venres do curso, quedando polas tardes no instituto, en vez de ir dar unha volta ou descansar). Pero a cuestión é a de sempre: necesitan atopar algo que os motive e que desexen facer de verdade.

Dende aquí queremos felicitalos a todos e todas; de esquerda a dereita na fotografía: Paloma, Carlos, Esteban, Joaquín, Alexandre, Lucía, Paula Peón, Cristina, Nara e Paula Pérez. E tamén, coma non, ás profesoras Isabel Gavieiro (coordinadora dos ensaios ao longo de todo o ano) e Mariló Valiño (quen fixo posible, unha vez máis, esta actuación no Teatro Principal).

Agora déixovos coas fotografías tiradas durante o ensaio xeral e a representación da obra. Espero que vos gusten.