PROCESO DE ADXUDICACIÓN DA CAFETERÍA DO CENTRO
Para dar cumprimento á instrución 4/2016 de 30 de Maio de 2016 para a contratación do servizo de xestión e explotación de cafeterías en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ábrese un prazo para que calquera persoa física ou xurídica, con capacidade de obrar, poida presentar as ofertas oportunas.
O procedemento a seguir, as condicións esixidas e os criterios para a valoración das ofertas recibidas veñen reguladas na citada orde.
Prazo de presentación das ofertas: DO 22 DE XUÑO AO 10 DE XULLO DE 2016
Lugar de presentación das ofertas: OFICINA ADMINISTRATIVA DO IES GONZALO TORRENTE BALLESTER
Datos de contacto:
IES GONZALO TORRENTE BALLESTER. Rúa Herminia Fariña, s/n.- 36003. Pontevedra
Teléfono: 886159156
Correo electrónico: ies.torrente.ballester@edu.xunta.es
Páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/iestorrenteballester
Para máis INFORMACIÓN, consultar os documentos que se xuntan a continuación: