Outro ano máis, o IES Sofía Casanova participou activamente dos actos do antroido a venres 13 de febreiro. Non so decoramos a entrada do centro coa axuda de Plástica e de Dinamización, senón que houbo moitas actividades.
Os alumnos do 1º ciclo de ESO asistiron, en primeiro lugar, a un festival de comparsas onde poideron disfrutar das actuacións que prepararan os seus compañeiros coa axuda da súa profesora Ánxela Loureiro. Despois, participaron nunha "gymkhana" que organizaron as profesoras de Educación Física.
Os alumnos de 2º ciclo de ESO participaron nos obradoiros que organizaran os seus profesores: houbo obradoiros de elaboración de papel de augas (como podedes ver na foto), obradoiros de matemáticas, de xogos na biblioteca, de informática, concursos de elaboración de estructuras con espaguetis e nubes na aula de tecnoloxía, obradoiro de reporteiros e moitas máis actividades.
Nuns días, colgaremos as fotos na web.
|