Skip to Content

Extraescolares

Campus científicos de verano

campuscientificoO alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato con interese na ciencia, a tecnoloxía e a innovación pode optar a unha das 1 808 prazas para participar en proxectos científicos deseñados por profesorado universitario e desenvoltos en departamentos de investigación de 16 Campus de Excelencia Internacional e Rexional entre o 30 de xuño e o 27 de xullo de 2013. Animádevos! Máis información aquí.

Antroido 2013

entroido2013Coma sempre, o entroido, ou antroido, como dicimos polo norte, triunfa. Este ano as comparsas subiron ao esceario do salón de actos para competir e enxenio e bo humor, por que diso non faltou dende primeira hora da mañá. Houbo unha animada comparsar fóra de concurso, quen eran? A solución e o ambiente, na seguinte páxina. E, coma sempre, en colaboración coa ANPA. 

 

Comeza o Club de Lectura

clubLectura

Xa estamos aquí! Despois das vacacións de verán, máis libros por favor...
Comezamos o vindeiro martes 9, podedes seguir as novedades no noso blogue http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/

Viaxe ao Courel

fontecervocourelAlumnado de primeiro de bacharelato, acompañado de profesorado do departamento de Ciencias, pasou a fin de semana percorrendo algúns dos lugares máis fermosos do Courel (Lugo).
A ruta de Vilamor a Froxán, pasando polo Castro de Vilar (con baño no río Lor) ocupou o sábado, mentres que o domingo levounos aos dominios espirituais de Uxío Novo Neira, paseando unha Devesa da Rogueira. Na foto, o grupo na Fonte do Cervo probando as augas do cano ferruxinoso e do cano calcario. 

Viaxe de 4º ESO

MALETA

Aviso ás familias do alumnado de 4º ESO

Notifícase que se manteñen as actividades docentes en horario habitual para o alumnado que non asiste á viaxe de fin de curso. Durante este periodo o profesorado realizará tarefas que non supoñen adianto nas respectivas materias.

Distribuir contido


by Dr. Radut