Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Charla de ALCER sobre a doazón de órganos

       O pasado xoves 7, Día Mundial da Saúde, o alumnado de 4º de ESO asistiu no salón de actos a unha charla ofrecida por Alfredo Saborido Pérez, traballador social da asociaición ALCER (Asociación para a loita contra as enfermidades do ril) sobre o a tema "A doazón de órganos".

A escritora Andrea Maceiras no Sofía Casanova

      O martes 29 de marzo Andrea Maceiras visitou o noso instituto para falarlles aos alumnos de 1º de Bacharelato sobre a súa novela Europa Express e a súa experiencia como escritora.

Escolarización do curso 2016-2017

   

      Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2016-2017, informamos a todos os solicitantes de todos os cursos e niveis, que non será necesario entregar na Secretaría os documentos acreditativos dos criterios alegados por quedar prazas vacantes.

     

Unha alumna do Sofía, bolseira da fundación Amancio Ortega

 

     A alumna deste centro, Emma Seoane, acaba de conquerir unha das bolsas da fundación Amancio Ortega para estudar o vindeiro curso no Canadá. 

    A Voz de Galicia recolle nas súas páxinas unha entrevista con Emma e os outros cinco alumnos de Ferrol que obtiveron unha bolsa de estudos da citada fundación.

JOSÉ EDELSTEIN: “100 anos da Teoría da Relatividade”

 

    O luns, 7 de marzo, alumnos de ciencias de 4º de ESO, 1ª e 2º de Bacharelato, acompañados por un amplo número de profesores, asistiron con moito entusiasmo ao Teatro Jofre de Ferrol á charla de José Edelstein ,onde presenciamos unha viaxe pola Física teórica, desde a mazá de Newton aos Buracos Negros.
     Ao finalizar foron moitas as preguntas que lle plantexaron os alumnos, sobre a antimateria, a dilatación do espazo e do tempo… Finalmente J. Edelstein firmou algún dos exemplares do seu último libro de divulgación de Física pura “Antimateria, magia y poesía”.

    A actividade foi organizada por: Biblioteca, Dep. FÍSICA e QUÍMICA, Dep. CCNN en colaboración coa Biblioteca do IES Cabo Ortegal de Cariño.                             Ver fotografías

8 de marzo. Día internacional da muller

   

    Co gallo do DÍA DA MULLER, na tv da entrada ó cento estase a proxectar unha presentación na que se analiza a situación da muller nestes momentos e na que se poñen de manifesto as situacións nas que se ve discriminada e nas que se debe avanzar para acadar unha plena igualdade entre todos.

    Aquí pódese ver a citada presentación.

Festival de teatro grecolatino

   

    O alumnado de Cultura Clásica de 3º de ESO e de Latín e Grego de Bacharelato, acompañado polo profesorado destas materias, acudiu o martes 1 de marzo á representación de Electra de Sófocles e Asinaria de Plauto no teatro Colón da Coruña.

    Ambas obras foron representadas polo Grupo Párodos, premio nacional de teatro clásico do Ministerio de Educación, e formaban parte da programación do XVI Festival de Teatro Grecolatino.

    Todos os participantes nesta actividade quedaron encantados coa profesionalidade dos actores e ao remate das obras un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato foron aos camerinos para felicitalos polo seu traballo.

Comenzan os RECREOS DEPORTIVOS


 
 

    O día 1 de marzo comenzan no ies “os recreos deportivos”.

    De luns a venres durante o 2º recreo de 12.10 a 12.30 realizaranse diferentes actividades deportivas no pavillón cuberto:

        • badminton
        • ping pong
        • voleibol
        • floorball
    
                                      Máis información

Distribuir contido


by Dr. Radut