Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Excursión ao Aquapark de Cerceda

        O xoves 18 de xuño os alumnos de 2º de ESO, acompañados polas profesoras Carmen Aneiros, Raquel Crespo, Mª José Mtnez. e Bea Méndez, acudiron ao Aquapark de Cerceda para disfrutar dun fantástico día de diversión.

Entrega dos Boletíns de Cualificacións

A entrega dos Boletíns de Cualificacións ó alumnado terá lugar o mércores 24 de xuño ás 12:30.

Os días 25 e 26, xoves e venres, de 9:00 a 13:00; son os días previstos para atender posibles reclamacións.

Ver normativa

Seminario TIC do Programa de Formación en Centros


 
 

    Xa está dispoñible para a súa descarga dende Google Play a aplicación Coñecer Ferrol - Roteiros, creada por Jose Antonio Pareja Sequeiro, alumno de 1º de bacharelato do centro, en clase de TIC. A aplicación é a porta que da acceso ó traballo desenvolvido por profesorado e alumnado do centro no marco do Seminario TIC do Programa de Formación en Centros, no que se crearon diferentes roteiros na aplicación Google MyMaps para coñecer Ferrol a través de contidos relacionados con diferentes materias.

    O resultado final, polo tanto, é a culminación dun proxecto de traballo interdisciplinar e colaborativo. Esperamos que sexa do voso agrado. Noraboa a todos os que participaron nel, e esperamos que no futuro se poidan seguir desenvolvendo e mellorando actividades nesta liña dende o centro.

Fondo solidario / Axudas para libros de texto

   

   Ven de publicarse a regulación dos aspectos básicos do funcionamento do fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2015/16.

    Para ver información de requisitos, prazo de presentación de solicitudes e outros aspectos da normativa, pode consultarse nas ligazóns que seguen:

    Fondo solidario           Axudas para libros

.

Visita ás meninas no barrio de Canido

   

    O venres 15 de maio, os alumnos de 4º de ESO, acompañados pola súa profesora María Lanza, realizaron unha visita as Meninas de Canido cun plano de Google Maps para localizar os lugares onde se atopan as pinturas co fin de elaborar unha ruta artística polo barrio.

    Recolleron documentación fotográfica e datos acerca dos autores das obras e os estilos artísticos que atoparon.

Fotos do grupo

Excursións á provincia de Lugo co alumnado de 1º ESO

   

    O departamento de CCSS Xeografía e Historia todos os cursos organiza excursións co obxectivo de que o alumnado coñeza a cultura e a arte de Galicia e valore o seu patrimonio.

    Os días 19 e 21 de maio de 2015 realizáronse dúas viaxes cos cursos de 1º da ESO (A, B,C) ao castro de Viladonga, a Fonmiñá e á cidade de Lugo.

Vídeo día 19                                               Vídeo día 21

As fiandeiras da Asociación de mulleres de Cabanas Rural no Sofía

   

    O martes día 26 de maio no IES Sofía Casanova recibimos ás Fiandeiras da Asociación de mulleres de Cabanas Rural. A actividade estivo organizada polo departamento de Ciencias Sociais: Xeografía e Historia co obxectivo de que o alumnado de 1º da ESO valorasen o traballo realizado durante centos de xeracións na maioría das familias.

    As nenas e nenos puideron observar e practicar os labores de escarpizar, cardar, fiar, calcetar, ganchillar e bordar con lá de ovella. Foi unha actividade educativa e divertida.

                    Ler máis        Vídeo da actividade

Teatro

   

    O grupo de teatro do IES Sofía Casanova, dirixido polo profesor de matemáticas José Luis Paz, puxo en escena este mércores 27 de maio a obra de teatro de Carvalho Calero A farsa das zocas.

    A divertida obra, interpretada magnificamente por alumnado de Eso e bacharelato do centro, parodia as relacións familiares baseadas na avaricia.

    O vindeiro martes 2 de xuño será representada no Teatro Jofre dentro do ciclo de teatro escolar Teatro con G.

Fotos da función.

Distribuir contido


by Dr. Radut