Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Actividade Emprendedores

 

     O xoves 19 de marzo, o alumnado de Iniciativas Emprendedoras e de Economía asistiu a un taller de emprendemento ofrecido pola Asociación de Xoves Empresarios de Ferrolterra sobre a posta en marcha dunha idea empresarial.

    A experiencia foi moi práctica, contando coa experiencia e consellos de Patri Filgueira, promotora da empresa Espacio Vivo de Ferrol.

    Despois de facer un brainstorming saíron moitas ideas interesantes, que poden ser presentadas en forma de proxecto ao concurso que a AJE oferta para este curso. A idea mellor valorada entre todos os proxectos da comarca será premiado con un vale de 500€ a gastar en calquera empresa colaboradora.

Loita pola igualdade

   

     A partires do 8 de marzo, Día da Muller, a Comisión de Igualdade do centro levou a cabo unha iniciativa chamada "Loita pola Igualdade", onde o alumnado e o profesorado puido amosar a súa concienciación co feminismo, é dicir, coa ideoloxía que defende a igualdade de xénero e loita contra a discriminación cara á muller.

    A idea inicial era a de realizar mensaxes en favor da igualdade, aportando cada quen o seu toque persoal, pero tamén apareceron denuncias á fenda laboral, á invisibilización das mulleres artistas e científicas, á publicidade sexista...

Eduardo Hermida no Sofía

   

    O luns 16 de marzo, Eduardo Hermida,promotor do itinerario “As Meninas de Canido”, movemento artístico reivindicativo que quere chamar a atención sobre o abandono dese barrio ferrolán, visitou a nosa Biblioteca.

    Con el vimos o vídeo que nos recordou como Canido pasou de ser “a horta de Ferrol” a ser un barrio en estado de abandono. Ante a tristeza e o deterioro que o rodeaba, no verán de 2008 Eduardo Hermida decidiu sacar a cor do seu estudo para encher de meninas as paredes das casas abandonadas.             Ver video.

Se queres saber máis entra no blog da biblioteca.

Viaxe a Roma

   

     Os alumnos de 1º de Bacharelato e de 4º de ESO de Latín, acompañados polos seus profesores Mª José Vilaboy (Vily), Pilar Berrio e Román Bravo, viaxaron entre os días 22 e 27 deste mes a Roma.

    A visita á milenaria cidade foi moi enriquecedora. Fixeron unha completa visita á Roma imperial, a Roma cristiá e a Roma turística. E como podemos ver nas fotos houbo tempo para "otium et negotium".

Viaxe de 3º de Eso ás Médulas

   

   Os alumnos de Cultura Clásica, acompañados pola súa profesora Julia de Partearroyo, foron esta semana ás Médulas, no Bierzo.  Alí puideron ver in situ moitos dos contidos explicados na clase.

    Tamén tiveron tempo para practicar turismo, como a interesante visita ao bosque de Brañarrota, cheo de teixos milenarios.                      Ver fotos.

Viaxe de 1º de bacharelato: multiaventura

   

    Un nutrido grupo de alumnos de 1º de bacharelato, acompañados polos seus profesores Raquel Crespo e Joaquín Rodiles, acudiron a Villablino, en León, onde realizaron deportes de multiaventura.

   Como podedes ver nas fotos practicaron piragüísmo, escalada, paintball, e un sinfín de actividades que resultaron moi entretidas e serviron para unir aínda máis o grupo.

Semana da árbore no Sofía Casanova

   

    Durante a semana do 23 ao 27 de marzo, celebramos a semana da árbore no Sofía Casanova

    Os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Lingua Castelá, Matemáticas, Economía e Tecnoloxía e o equipo da Biblioteca expuxeron as súas visións da árbore.

    Como podedes ver nas, fotos elaboráronse traballos para explicar a importacia da árbore nas nosas vidas. Así puidemos ver a árbore de Newton, a árbore da evolución, a árbore de Pitágoras, a árbore da sostenibilidade, os personaxes fantásticos do bosque a árbore da tecnoloxía ou a árbore da ciencia de Ramón Llull.    Ver fotografías.

ESCOLARIZACIÓN DO CURSO 2015-2016

   

      Rematado o prazo de entrega de solicitudes para a escolarización do ano académico 2015-2016, informamos que os solicitantes do curso de 1º de ESO deberán entregar na Secretaría os documentos acreditativos dos criterios alegados, xa que se presentaron máis solicitudes que prazas se ofertan.

     -Certificado do padrón municipal, e de ser o caso, os demáis documentos que aleguen outras circunstancias como familia numerosa, minusvalía, etc....)

      O prazo para a entrega da documentación remata o 9 de abril.

       Nos restantes cursos non será necesario entregar ningunha outra documentación xa que quedaron prazas vacantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut