Skip to Content

Novas

Un final de cine

maquinistadelageneralFran Rey trae ao salón de actos do centro o mundo dos pianistas de cine mudo cunha das obras cumes do xénero, "The General" de Buster Keaton. Unha boa despedida de vacacións para o alumnado de bacharelato!

Un breve vídeo aquí

Cos desexos dunhas boas festas e un ventureiro 2013

cartazNadal12

Deseño gañador do concurso de postais 2012, de Raquel Martínez 1ºB ESO

Exposición de cogumelos 2012

O Departamento de Ciencias Naturais organizou a exposición anual de cogumelos da comarca, recollendo as iniciativas máis importantes: a Feira de Cogumelos das Pontes e a de Ferrol, esta última con casetas no Cantón de Molíns esta semana.
Ao tempo, o alumnado do centro participa nas actividades docentes de familiarización con este apaixoante grupo de seres vivos.

Ver vídeo

Iniciado o proceso de renovación do Consello Escolar

urnaRealizada a primeira reunión da Xunta Electoral, iniciouse o proceso de renovación do Consello Escolar coa distribución a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente dunha circular coa convocatoria.

Xosé Manuel Pose Mesura, in memoriam

Antonte pasou un antigo membro da nosa comunidade educativa, o profesor Xosé Manuel Pose Mesura. Hoxe o lembramos e invitamos a ler unha semblanza de quen dedicou moitos anos ao ensino no noso centro. Artigo.

Eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar

xuntanza

Novembro 12

Cada dous anos débese facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar dos centros educativos. O CE é o órgano máximo de decisión e nel están representados todos os estamentos da comunidade educativo, alumnado e familias, persoal non docente e profesorado.

calendario

definic

Comezo de curso 2012-13

salon

O lúns 17 terá lugar o comezo de curso académico 2012-13 co seguinte programa:
09:00 h: Claustro
10:00 h: Presentación de alumnado de 1º de ESO
10:30 h: Presentación de alumnado de 2º de ESO
11:00 h: Presentación de alumnado de 3º de ESO
11:30: Presentación de alumnado de 4º de ESO
12:00: Presentación de alumnado de 1º de Bacharelato
12:30: Presentación de alumnado de 2º de Bacharelato

Martes 18, comezo das clases ás 08:30 h.

Acto de fin de curso de 2º de Bacharelato

esceaO venres 25 ás 18:30 terá lugar o acto académico de fin de curso de 2º de Bacharelato ao que están convidados todo o alumnado, familias e profesorado.
Cóntase coa intervención dun alumno en representación de todos os compañeiros e compañeiras, do director, actuacións musicais, proxección dun vídeo e a entrega de orlas. Pola noite celebrarase a tradicional cea de alumnado e profesorado.

Distribuir contido


by Dr. Radut