Dende o 24 todos tiñamos un fondo pesar polo acontecido en Santiago. Hoxe soubemos que o drama afectou a Laura, unha das nosas alumnas de E.S.O. que viaxaba no tren. Ela salvouse afortunadamente, mais perdendo a dous familiares moi directos e queridos.
Unha fonda aperta a Laura, aos seus, ás demáis víctimas e os seus familiares e amigos.
E un recoñecemento a todos os voluntarios e profesionais que fixeron todo o posible por axudarlles nesas longas e difíciles horas.