Skip to Content

Novas

Club de lectura para adultos. Arrinca a nova temporada.

Bota a andar de novo o club de lectura para adultos do IES "Sofía Casanova".

Quedades convidados todos a esta segunda temporada, moi especialmente os que participaron o ano pasado e os pais dos novos alumnos.

O arranque da nova edición terá lugar o vindeiro martes 30 de setembro ás 18:15 na biblioteca do centro.

Arrinca o curso 2014-2015

   Un ano máis dá comezo un novo curso.  

   As presentacións terán lugar o luns día 15 co seguinte horario:

12.00h. : 1º e 2º da ESO

12.30h. : 3º e 4º da ESO

13.00h. : 1º e 2º de BAC

 

Exames setembro 2014

  

 

 

 

Entrega dos Boletíns de Cualificacións

A entrega dos Boletíns de Cualificacións ó alumnado terá lugar o mércores 25 ás 12:30.

Os días 26 e 27, xoves e venres, de 9:00 a 13:00; son os días previstos para atender posibles reclamacións.

Ver normativa

50 ANIVERSARIO

 O vindeiro mércores 18 de xuño ás 17 horas culminarán os actos de celebración do 50 aniversario da creación do instituto coa celebración dun Acto Académico que contará coa escritora e investigadora Ana Romero Masiá, ex-directora do centro, quen pronunciará a lección maxistral "De Camilo a Sofía". Asistirá o Alcalde da cidade, antigo alumno, así como representantes da Consellería e invitamos a compartir esta tarde a quen, por calquera motivo, tivera unha vinculación co instituto neste medio século de existencia (antigo alumnado, profesorado e persoal non docente)

GRADUACIÓN

 O pasado 30 de maio os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato celebraron a súa titulación, recentemente acadada, así como a despedida do instituto. Nun Salón de Actos ateigado, os novos Bachareis, as súas familias e o profesorado disfrutaron de actuacións musicais, vídeos e emotivas mensaxes, e os titores e titoras entregaron as orlas da promoción. Agora que dá comezo a gran aventura do futuro dende a que foi a súa escola de vida desexámoslles moita felicidade no porvir.

Ver fotografías.

Rastro solidario - Recollida de alimentos para a cociña económica.

Ó longo do mes de decembro realizaranse varias actividades de carácter solidario no noso instituto para as que se precisa  colaboración:

RASTRO SOLIDARIO O alumnado pode traer cousas que non utilice (CD, DVD, LIBRO, CÓMIC, VIDEOXOGO, BISUTERÍA) pero que aínda estean en bo estado para seren vendidos por un prezo simbólico. A recadación das vendas será entregada á Cociña Económica. Pode entregarse material ao longo da próxima semana (2-5 dec) en calquera recreo ás persoas voluntarias que estarán na entrada do instituto. A venda farase na semana do 9 ao 13.

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA A COCIÑA ECONÓMICA Como xa é habitual recolleremos alimentos non perecedoiros (arroz, pasta, conservas, legumes, aceite, leite, doces de Nadal, etc) nun carro que estará situado tamén na entrada do instituto.A data de recollida será do 2 ao 13 deste mes de decembro. Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

O Sofía coa traxedia do tren en Santiago, o Sofía con Laura

lazo_negro_bandeira Dende o 24 todos tiñamos un fondo pesar polo acontecido en Santiago. Hoxe soubemos que o drama afectou a Laura, unha das nosas alumnas de E.S.O. que viaxaba no tren. Ela salvouse afortunadamente, mais perdendo a dous familiares moi directos e queridos.

Unha fonda aperta a Laura, aos seus, ás demáis víctimas e os seus familiares e amigos.
E un recoñecemento a todos os voluntarios e profesionais que fixeron todo o posible por axudarlles nesas longas e difíciles horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut